Skip to Content

Actividades extraescolares

Actividades extraescolares

MULLERES NA MÚSICA

No concerto de música en directo, interpretado por Fátima e Nuria (Entresóns), coñecemos anécdotas, citas e detalles curiosos das compositoras ao longo dos tempos, pero que non gozaron do recoñecemento merecido polo feito de ser MULLER.  

Grazas Fátima e Nuria por facernos gozar duns momentos inesquecibles! 

imaxe das intérpretes un momento da segunda sesión un momento do concerto

Esta actividade foi o colofón para lembrar o DÍA 8 DE MARZO, xa que dende había días o alumnado estivera traballando para insistir no importante que é conseguir a igualdade neste mundo. Podedes premer neste enlace para ver os traballos realizados. 

Como di o alumnado: "DEDICADO A TODAS AS MULLERES DO MUNDO"

FOTOS DO CONCERTO

TEATRO EN FRANCÉS, Le fantôme de l´Opéra

O alumnado de francés de 2ºESO_A_B_C, 1ºBAC e 2ºASIDIR asistiron e gozaron no auditorio Gustavo Freire da representación teatral Le fantôme de l´Opéra a cargo da compañía La Bohème. 

agardando a entrada   esperando o comezo

FESTIVAL DE TEATRO GRECOLATINO

O alumnado de latín e grego gozou do Festival de Teatro Grecolatino 2022 no auditorio Gustavo Freire vendo as seguintes representacións a cargo da compañía Noite Bohemia. 

En horario de mañá asistiron á representación da traxedia de Eurípides, Bacantes e pola tarde á  comedia de Plauto, Anfitrión.

asistentes no auditorio momento da representación

Ruta literaria por Celanova (OURENSE)

20/04/2022 09:45
20/04/2022 19:00

O alumnado de 3ºESO realizará a ruta literaria pola vila de Celanova, visitará a Casa dos Poetas, o Mosteiro desta vila e na cidade de Ourense as Termas de Outariz. 

Saída do centro ás 08:45h e regreso (+/-) 19:00h

VISITA A SANTIAGO DE COMPOSTELA

16/03/2022 08:45
16/03/2022 18:30

O alumnado de 3ºESO visitará o Museo do Pobo Galego, Museo das Peregrinacións e a Cidade da Cultura. 

Saída ás 8:45h e regreso ás (+/-) 18:30h

TEATRO EN FRANCÉS

10/03/2022 10:10
10/03/2022 12:45

Asistencia á representación teatral Le fantôme de l´Opéra a cargo da compañía La Bohème. 

CURSOS: 2ºESO A,B, C, 1ºBAC e 2ºASIDIR. 

LUGAR: Auditorio Gustavo Freire

HORARIO: 

Saída do centro: 10:10h

Regreso: 12:45h

Organiza departamento de francés

VISITA A BIOCULTURA, A CORUÑA.

04/03/2022 09:00
04/03/2022 19:00

Visita á feira de produtos ecolóxicos e ecoturismo, BIOCULTURA na cidade da Coruña. 

Destinatarios/as: alumnado de 1º e 2º PECOCA. 

Saída do centro: 9:00h

Regreso: +/- 19h. 

 

EUROENTROIDO 2022

cartel O venres 25 de febreiro celebramos o "Euroentroido   2022. Percorrido musical por Eurovisión."

 O alumnado de 1ºINFOFI responsabilizouse da presentación   do evento, gravación e velou en todo momento por respectar a   capacidade do salón de actos. As comparsas animáronnos e   fíxeronnos bailar e cantar ao ritmo de ABBA, Ckikilicuatre,   María Isabel, Little Big... 

 Se queredes ver imaxes deste Euroentroido, premede neste   enlace. 

 GRAZAS A TODO O ALUMNADO que formou parte das   comparsas (2ºESOA_B_C_3ºESOA_3ºPMAR_4ºESOA), ao que colaborou na realización deste evento, ao Departamento de Imaxe Persoal pola súa caracterización das Tanxugueiras; en fin, a todas as persoas que  nos fixeron pasar uns momentos tan divertidos e agradables. 

VISITA Á CASA DEL AGUA E A DOMUS

As alumnas do CS de Estética Integral e Benestar visitaron o centro de talasoterapia, Casa del Auga na Coruña. Tras unha visita guiada para coñecer as instalacións, realizaron sesións prácticas e gozaron da súa gran pisicina con auga de mar e dun completo circuíto termal. Pola tarde visitaron o museo científico-divulgativo Domus (Casa del Hombre) que as convidou a reflexionar sobre a especie humana.

 foto foto imaxe

Tiveron a oportunidade de ver unha exposición sobre a nutrición e os Obxectivos do Desenvolvemento Sostible da Onu e finalizaron a súa visita gozando dunha paseo pola cidade. 

ENTREGA DE PREMIOS XXVII CERTAME DE CONTOS E RELATOS CURTOS TRAPERO PARDO

Hoxe, mércores 23 de febreiro, fíxose entrega no auditorio do Vello Cárcere de Lugo dos premios ás gañadoras do XXVII Certame de contos e relatos curtos Trapero Pardo

Toda a comunidade educativa deste centro felicita  a Sara P. L. polo recoñecemento ao seu traballo e dálles os parabéns a todos e todas os/as participantes neste certame. 

Fotos da entrega de premios. 

premiados entrega premios

Distribuir contido


by Dr. Radut