Skip to Content

Actividades extraescolares

Actividades extraescolares

VISITA A EXPO COSMÉTICA (OPORTO).

03/04/2022 08:00
04/04/2022 22:00

O alumnado de 1º ESBE, 2ºESBE e 1º ASEIMAPER visitará a feira Expo cosmética en Oporto.

Neste evento coñecerán produtos do sector dos salóns de peiteado, estética, maquillaxes, produtos para o coidado da pel, para o cabelo e unha ampla gama de accesorios cosméticos. Coñecendo, tamén, as últimas tendencias en cosmética, uñas e estética. 

Saída do centro, domingo 3  ás 8:00h e regreso o luns 4 ás 22h (aproximadamente)

REUNIÓN VIAXE ESTUDOS A BARCELONA

22/03/2022 20:00
22/03/2022 21:00

O día 22 de marzo ás 20:00h terá lugar no salón do actos do centro unha reunión cos pais/nais, titor/a legais do alumnado de 4ºESO e 1ºBAC que participa na viaxe de estudos.

A representante da axencia organizadora revisará e actualizará o itinerario e, xunto co profesorado acompañante da viaxe, comentará normas a ter en conta e aclarará calquera dúbida. 

 

ACTO DE GRADUACIÓN FAMILIAS PROFESIONAIS

24/03/2022 16:00
24/03/2022 21:00

O día 24 de marzo terá lugar no salón de actos do centro a graduación das familias profesionais que rematan este curso os seus estudos. 

 cartel anunciado do eventoO horario será o seguinte: 

 INFORMÁTICA E COMUNICACIÓNS ÁS 16:00H

 IMAXE PERSOAL ÁS 17:30H

  ADMINISTRACIÓN E XESTIÓN ÁS 19:00H

 Convídase a todo o profesorado das familias profesionais a asistir   a este evento, sempre que se respecte a capacidade do salón de   actos. 

 

Este acto estivo organizado por alumnas de 2ºCS Asistencia á Dirección. 

 

TALLER PRÁCTICO DE COMUNICACIÓN

30/03/2022 09:00
30/03/2022 14:00

Mar Castro, asesora internacional en comunicación ejecutiva y marca personal, impartirá un taller práctico de comunicación no que se tratarán os seguintes contidos: 

  • Control da linguaxe oral e non verbal.
  • Exposición face to face e virtual. 
  • Experiencia simulada mediante roles.
  • Simulación de entrevistas. 

DESTINATARIOS: 

2ºCS Administración e Finanzas       MÉRCORES 30 DE MARZO DE 9:00H a 14:00h

LUGAR: biblioteca do instituto

 

TALLER PRÁCTICO DE COMUNICACIÓN

23/03/2022 09:00
23/03/2022 14:00

Mar Castro, asesora internacional en comunicación ejecutiva y marca personal, impartirá un taller práctico de comunicación no que se tratarán os seguintes contidos: 

  • Control da linguaxe oral e non verbal.
  • Exposición face to face e virtual. 
  • Experiencia simulada mediante roles.
  • Simulación de entrevistas. 

DESTINATARIOS: 

2ºCS Asistencia á Dirección       MÉRCORES 23 DE MARZO DE 9:00H a 14:00h

LUGAR: biblioteca do centro

 

XÉNERO E DVERSIDADE FUNCIONAL. LAS CAPAS DE UNA CEBOLLA

24/03/2022 10:25
24/03/2022 12:30

Fernanda Arrojo Novoa presentará o seu libro Las capas de una cebolla con motivo de lembrar a conmemoración do día 8 de marzo. 

Lugar salón de actos 

DESTINATARIOS/AS: 

4ºESOA_B: 10:25H - 11:15H

1ºBAC: 11:40h 12:30h

MULLERES NA MÚSICA

No concerto de música en directo, interpretado por Fátima e Nuria (Entresóns), coñecemos anécdotas, citas e detalles curiosos das compositoras ao longo dos tempos, pero que non gozaron do recoñecemento merecido polo feito de ser MULLER.  

Grazas Fátima e Nuria por facernos gozar duns momentos inesquecibles! 

imaxe das intérpretes un momento da segunda sesión un momento do concerto

Esta actividade foi o colofón para lembrar o DÍA 8 DE MARZO, xa que dende había días o alumnado estivera traballando para insistir no importante que é conseguir a igualdade neste mundo. Podedes premer neste enlace para ver os traballos realizados. 

Como di o alumnado: "DEDICADO A TODAS AS MULLERES DO MUNDO"

FOTOS DO CONCERTO

TEATRO EN FRANCÉS, Le fantôme de l´Opéra

O alumnado de francés de 2ºESO_A_B_C, 1ºBAC e 2ºASIDIR asistiron e gozaron no auditorio Gustavo Freire da representación teatral Le fantôme de l´Opéra a cargo da compañía La Bohème. 

agardando a entrada   esperando o comezo

FESTIVAL DE TEATRO GRECOLATINO

O alumnado de latín e grego gozou do Festival de Teatro Grecolatino 2022 no auditorio Gustavo Freire vendo as seguintes representacións a cargo da compañía Noite Bohemia. 

En horario de mañá asistiron á representación da traxedia de Eurípides, Bacantes e pola tarde á  comedia de Plauto, Anfitrión.

asistentes no auditorio momento da representación

Ruta literaria por Celanova (OURENSE)

20/04/2022 09:45
20/04/2022 19:00

O alumnado de 3ºESO realizará a ruta literaria pola vila de Celanova, visitará a Casa dos Poetas, o Mosteiro desta vila e na cidade de Ourense as Termas de Outariz. 

Saída do centro ás 08:45h e regreso (+/-) 19:00h

Distribuir contido


by Dr. Radut