Skip to Content

Actividades extraescolares

Actividades extraescolares

FPBásicaSkills Galicia 2022

02/06/2022 07:00
02/06/2022 20:00

Desexámoslle moita sorte a Aroha, alumna de Peiteado e Estética, na súa partipación no I Campionato Galego de Formación Profesional Básica e Programas Formativos que se celebrará o día 2 de xuño no IES Montecelo (Pontevedra). Sabemos que gozará da experiencia demostrando as súas destrezas á hora de realizar as probas. 

Saída do centro ás 07:00h e regreso estimado ás 20:00h

 

 

OBRADOIRO DE PREVENCIÓN DO ABUSO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS- DESCONECTA E OUTRAS ADICCIÓNS

12/05/2022 11:40
12/05/2022 13:20

Obradoiro de prevención do abuso das novas tecnoloxías - desconecta e outras adiccións, impartido por Franciso Eiras. 

Destinatarios/as:

Alumnado de 1º ESO C

Horario: 11:40h- 12:30h   E   12:30H- 13:20H

 

 

ACTO DE GRADUACIÓN 2ºBAC

19/05/2022 19:30
19/05/2022 20:30

Acto de graduación do alumnado de 2ºBAC: 

Día:  xoves 19 de maio

HORA: 19:30h

LUGAR: salón de actos do centro. 

As familias (máximo dous representantes) e profesorado están convidados a este acto que agardamos sexa unha fermosa lembranza para os/as protagonistas do evento. 

 

VISITA AO CENTRO TECNOLÓXICO DE ANFACO-CECOPESCA

Dentro do programa EduTecEmprende 2021-2022, o alumnado de 4ºESOB visitou o centro tecnolóxico ANFACO-CECOPESCA, no que coñeceu o sector conserveiro, a historia e evolución deste  e as oportunidades e experimentación que brinda.

foto grupo  momento da visita

Aproveitaron a viaxe para compartir novas experiencias. 

Máis fotos da actividade, premendo aquí 

 

1ºDAM PARTICIPA NO CONCURSO DE PROGRAMACIÓN ProgramaMe

O alumnado de 1º curso do ciclo superior en Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma participou o 28 de abril no concurso de programación competitiva Programa-me de ámbito nacional. 

O concurso Programa-me está organizado pola Universidade Complutense de Madrid e participan centros de todo o estado. O alumnado forma grupos de tres membros máis un suplente e intentan resolver en 3 horas entre 8  e 12 problemas de programación cun forte compoñente algorítmico. Cando un equipo resolve un problema, recibe un globo da cor identificativa do mesmo. 

equipo participante participantes

 

A experiencia foi moi enriquecedora xa que, ademais dos coñecementos adquiridos durante o seu desenvolvemento, o alumnado puxo en práctica o traballo feito ao longo do curso. 

Premendo nesta ligazón pode verse o desenvolvemento completo do curso.  

OBRADOIRO DE PREVENCIÓN DO ABUSO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS- DESCONECTA E OUTRAS ADICCIÓNS

30/05/2022 10:25
30/05/2022 12:30

Obradoiro de prevención do abuso das novas tecnoloxías - desconecta e outras adiccións, impartido por Franciso Eiras. 

Destinatarios/as:

Alumnado de 1º ESO A

Horario: 10:25h- 11:15h   E 1:40H-12:30H

OBRADOIRO DE PREVENCIÓN DO ABUSO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS- DESCONECTA E OUTRAS ADICCIÓNS

23/05/2022 10:25
23/05/2022 12:30

Obradoiro de prevención do abuso das novas tecnoloxías - desconecta e outras adiccións, impartido por Franciso Eiras. 

Destinatarios/as:

Alumnado de 1º ESO B 

Horario: 10:25h- 11:15h   E   11:40H- 12:30H

 

 

Poemas de Catulo para celebrar o Día do Libro

Jennifer, Víctor e Lucía puxeron voz a poemas de Catulo para celebrar o Día do Libro e amosar que  "o clásico segue estando de moda". 

 

CHARLA DE RAÚL ORDÓÑEZ SOBRE OS RISCOS DAS REDES SOCIAIS E USO RESPONSABLE DESTAS.

Raúl Ordóñez, responsable de SHERPA. Cultura dixital, impartiu unha charla ao alumnado de 3ºESO sobre os  Riscos das redes sociais e  uso responsable destas.  

En horario de tarde, a charla estivo dirixida aos pais e nais do alumnado. 

momento da charla  Momento da presentación  relator

EQUIPO DE RADIOFRECUENCIA DE CAPENERGY MEDICAL

09/05/2022 09:30
09/05/2022 14:30

O alumnado de 1ºESIMBE recibirá unha formación sobre as indicacións e protocolos do uso do equipo de radiofrecuencia de Capenergy medical. 

RELATORES: José Martínez Pérez e Encarnación Bernabé Pérez

HORARIO: 9:30h- 14:30h

LUGAR: taller 1

Distribuir contido


by Dr. Radut