Skip to Content

Actividades extraescolares

Actividades extraescolares

A moda no Imperio Romano

O pasado venres 21 de outubro as alumnas do CS Asesoría en Imaxe Persoal e Corporativa asistiron a unha charla impartida por Enrique Alcorta, responsable do Departamento de Arqueoloxía e Historia do Museo Provincial, quen explicou as características da vestimenta no Imperio Romano. 

Foto charlaFoto charla 2

LUZ Ó DEPORTE: TITO MARGARIDE

Tito Margaride, atleta olímpico e paralímpico, é un auténtico exemplo de superación. Co seu testimonio anímanos a facer fronte aos obstáculos da vida e a non rendernos, porque, como el mesmo nos di: "se realmente queres algo, atopas a maneira de logralo"

Foto charlaFoto charla 

OBRADOIRO DE CONTACONTOS CON PAULA CARBALLEIRA

09/11/2022 12:30

Obradoiro de contacontos con Paula Carballeira

Lugar: salón de actos.

Horario: 12:30

Asiste: alumnado 2º ESO e gañadores do concurso de contos de Samaín

A MODA NO IMPERIO ROMANO: ENRIQUE ALCORTA

21/10/2022 13:20
21/10/2022 15:00

Charla a cargo de Enrique Alcorta, responsable do Departamento de Arqueoloxía e Historia do Museo Provincial de Lugo, que explicará ás alumnas do CS Asesoríaen Imaxe Persoal e Corporativa as características da vestimenta no Imperio Romano. 

Horario: 13.20- 15:00

Taller de escritura creativa: Begoña Martín Acero

28/10/2022 11:40
28/10/2022 12:30

Contaremos coa presenza de Begoña Martín Acero, autora de Termodonte e outros contosMar de cores e manuais como Técnicas de expresión escrita (coautora) e Taller de escritura creativa.

Achégase ata o centro para compartir a súa maxia co alumnado e animalos a seguir sendo creadores/as das historias que levan dentro. 

Destinatarios: alumnado 1º e 3º ESO

 

Samaín

Animádevos a participar!
Cartel Concurso CabazasCartel Concurso Contos
Pulsa en cada cartel para velo en grande e coñecer as súas bases

LUZ Ó DEPORTE: IÑAKI ZUBIZARRETA

19/09/2022 11:15
19/09/2022 14:00

O alumnado de 3º e 4º da ESO e 1º BAC acudirá á charla de Iñaki Zubizarreta.

Saída: 11.15

Regreso: 14:00 (aproximadamente)

ENTREGA DE PREMIOS E FESTIVAL DE CLAUSURA, ENREDADANDO CO GALEGO 2022

16/06/2022 11:35
16/06/2022 14:00

O alumnado que participou en  EnRedando co Galego 2022 está convidado á entrega de premios, sorteo e concerto-fin de festa. 

LUGAR: Auditorio Gustavo Freire

HORARIO: 11:45H -14:00H

 

ASISTENCIA Á ENTREGA DE PREMIOS "XORNALISMO NA ESCOLA"

15/06/2022 10:45
15/06/2022 14:00

O mércores 15 de xuño asistirán á entrega de premios de "Xornalismo na escola" de La Voz de Galicia, a docente e dúas alumnas en representación dos/das compañeiros/as. 

LUGAR: ARTEIXO

HORARIO: 

10:45h - 14:00h

TALLER LITERARIO, I ENCONTRO DE NOVAS VOCES

14/06/2022 09:45
14/06/2022 19:00

O martes 14 terá lugar o I Encontro de novas voces, que contará coa presenza de alumnado que  participou na nova edición de EnRedando Co Galego 2022. Para ler as composicións que achegou todo o alumnado participante, premer no enlace

O taller será impartido por Xesús Fraga e Yolanda Castaño

HORARIO de saída do centro e regreso ao IES: 

SESIÓN DE MAÑÁ:  09:45H - 14:00H 

SESIÓN DE TARDE: 15:45H - 19:00H 

LUGAR: Patio do Vello Cárcere de Lugo. 

O alumnado irá acompañado por unha docente tanto á ida como á volta. 

Distribuir contido


by Dr. Radut