Skip to Content

EDUCACIÓN AMBIENTAL

O día 17 de abril, Paula Fernández (Bióloga ambiental da UNED de Lugo) e Ana Traseira (directora da UNED de Lugo) levaron a cabo unha exposición sobre a crise climática, dirixida ó alumnado de 4º ESO e 1º BACH. Nela destacaron, en primeiro lugar, a relevancia da UNED e, en particular, a súa participación en proxectos ambientais.

Xa na segunda parte da conferencia relataron os diversos retos ambientais ós que nos enfrontamos como sociedade. Falaron sobre os combustibles fósiles, o CO2 e o aumento da temperatura no planeta (o cambio climático), así como as consecuencias que este cambio climático pode chegar a xerar, para finalizar informaron sobre algunhas das medidas que, individualmente ou a través de colectivos, se poden tomar para minimizar as consecuencias do impacto medioambiental.

MELLOR ORADOR/A DO PARLAMENTO XOVE´24

Despois da alegría que levamos coa clasificación dos nosos equipos en cadansúa categoría do Parlamento Xove 2024, aínda temos outra grande noticia. En cada edición deste torneo de debate, a proposta dos xuíces, a organización recoñece os mellores oradores e oradoras da competición nas diferentes categorías. Neste caso, o noso centro é o único que conta con representantes entre os escollidos nas  dúas categorías preuniversitarias: David Pereira Santín (4ª da ESO), e Laura García Castro (1º de BAC), forman parte dos considerados mellores oradores e oradoras desta edición do Parlamento Xove.

Parabéns aos dous por ter merecido tan destacado recoñecemento!!

*http://xuventude.xunta.es/parlamento-xove

*Máis imaxes

COLABORACIÓN COA ESCOLA SUPERIOR DE ARTE E DESEÑO DE LUGO

O alumnado de Ciclo Medio de Estética e Ciclo Superior de Asesoría levaron a cabo unha sesión de colaboración coa Escola Superior de Arte e Deseño de Lugo. Desprazáronse ata a Escola de Arte para exercer de modelos, maquilladores e asesores estéticos e de vestiario co obxecto de interactuar co alumnado da Escola a cambio destas exitosas imaxes.
A sesión e as imaxes tomadas polos alumnos e alumnas de 2ª curso de Fotografía, amosan o traballo de preparación realizado durante varias semanas polo noso alumnado que resulta neste interesante traballo, formativo, enriquecedor, ameno e distendido que transporta ao alumnado a entornos reais de traballo e ás actividades propias da formación.

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmurallaromana/galeria/displayimage.php?album=74&pid=2357#top_display_media

CONCURSO FASE REXIONAL PROGRAMAME

Marcos Montaña, Aarón Yáñez e Adrián Valdés foron os integrantes do equipo Final Short Celtas do IES Muralla Romana, que acaban de conseguir o primeiro posto na fase rexional do torneo ProgramaMe, campionato a nivel nacional, tras resolver todos os algoritmos en 45 minutos menos do tempo dispoñible. A principios de xuño mediranse cos 20 mellores equipos de toda España.

Foron seis equipos de tres integrantes cada un, coordinados polo profesor Alberto Barreira (catro de DAM e dous de DAM dual). Destacar tamén que o  equipo de 1º DAM ordinario formado por Brais López, Arturo López e Guillermo García, logrou un meritorio posto, para o que o traballo en equipo foi decisivo.

Parabéns moi merecidos a todos!!

 

  *https://www.elprogreso.es/articulo/lugo/programadores-lugo-arrasan-pruebas-final-madrid/202404101249511746246.html

CALENDARIO EXAMES PENDENTES ESO E BACH

EXCURSIÓN 4º ESO-1º BACH: TARRAGONA-BARCELONA-PIRENEO

O alumnado de 4º de ESO e 1º BACH acaba de regresar dunha inesquecible e aventureira excursión: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmurallaromana/galeria/thumbnails.php?album=lastup&cat=16

AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO (CURSO 2023-2024)

Documento informativo - AVALIACIÓN DIAGNÓSTICO, en pdfAVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO 2023-2024

Na Educación Secundaria Obrigatoria vai dirixida ao alumnado de 2º curso.

Realizarase durante os días 10 e 11 de abril de 2024.

Analizaranse as competencias matemática e en comunicación lingüística.

Máis información 

FASE CLASIFICATORIA PARLAMENTO XOVE MODALIDADE BACH

O día 16 de marzo as nosas alumnas de 1º de BACH, Silvia Basanta, Laura García, Carla Gómez e Sara Pico, alcanzaron un ben merecido segundo posto na fase clasificatoria da liga de debate do Parlamento Xove, baseado nunha competición na que os diversos equipos debaterían sobre o tema formulado pola organización  (Regulación da IA por parte dos estados). A dificultade da actividade estivo en que só cinco minutos antes de cada encontro dialéctico se procedeu ó sorteo da postura a adoptar por cada equipo, ‘a favor’ ou ‘en contra’, da cuestión formulada.

Parabéns ás alumnas e como non,unha vez máis, ó seu profesor Xulio González!

GRADUACIÓN DOS CICLOS PROFESIONAIS: PROMOCIÓN 22-24

O venres 15 de marzo asistimos á graduación dalgúns dos ciclos profesionais do noso instituto. Parabéns a todas e todos!

*Para ver máis

Distribuir contido


by Dr. Radut