O día 30 de outubro tivo lugar nos talleres de Imaxe Persoal a presentacion dun tratamento de xesoterapia corporal, a cargo da empresa Bruno Vassari, ofrecendo unha liña de cosméticos para peles irritables e intolerantes a cosméticos, que promocionan como un tratamento integral, coidando a pel e tendo en conta a persoa no plano espiritual e emocional.
Para finalizar estas sesións de formación, o día 3 de novembro sería a formadora, nacional e internacional, da casa de cosméticos Germaine de Capuccini, quen daría a coñecer un tratamento especial, a base de distintos ácidos, combinado con aparatoloxía para eliminar manchas corporais.