CONDICIÓNS DE USO.
O uso deste sitio está rexido polas seguintes normas, conforme ás leis españolas. Coa súa utilización, o usuario comprométese a utilizar o sitio web e os seus servizos e contidos sen contravir a lexislación vixente, a boa fe, os usos xeralmente aceptados e o orde público.
CLÁUSULA DE EXENCIÓN DE RESPONSABILIDADE.
O contido facilitado a través desta web emítese con efectos simplemente informativos e non substitúe a publicidade legal das leis, das disposicións e dos actos que teñan que ser publicados formalmente no DOG e noutros boletíns oficiais. Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, o IES Muralla Romana non garante a inexistencia de erros no contido deste sitio, nin que se encontre totalmente actualizado. Unicamente os textos publicados nas edicións impresas do DOG ou doutros boletíns oficiais teñen carácter auténtico e validez oficial.
O IES Muralla Romana non se fai responsable dos danos e perdas que puider ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas na web, con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais a que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.
O IES Muralla Romana non asume ningunha responsabilidade derivada da conexión ou dos contidos dos enlaces a páxinas externas a que se fai referencia na web.
O IES Muralla Romana reserva para si a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.
POLÍTICA DE PRIVACIDADE E DE PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL.
Dende a web do centro en ningún caso se solicitarán datos de carácter persoal, podendo así cumplir mellor coa normativa reguladora de protección de datos de carácter persoal. Agás se decide contactar co centro a través da web, da caixa de correo/contacto, en cuxo caso só se pedirán os datos necesarios, sendo estos estritamente imprescindibles para poder dar resposta ou contestación ao interesado. A información obtida a través da caixa de correo contida nesta web ten carácter meramente informativo, sen que en ningún caso poida derivar dela ningún efecto xurídico vinculante.
En relación coa publicación de imaxes e outros contidos gráficos, sonoros e/ou vídeos gráficos, dos alumnos deste centro escolar, dos antigos alumnos deste, e dos pais, nais e/ou titores dos devanditos alumnos, farase no caso dos maiores de catorce anos co seu consentimento, e no caso dos menores de catorce anos requirirase o consentimento dos pais ou titores.
Lembramos que a publicación deste contido na web está suxeita exclusivamente a un uso informativo, educativo e non comercial. As accións, os produtos e as utilidades derivadas da súa utilización non poderán, en consecuencia, xerar tipo de lucro ningún.
Se vostede non desexa que os seu(s) fillo(s) ou tutelado(s), ou Vd. mesmo (na súa condición de pai, nai ou titor legal), aparezan en gravacións en vídeo ou en fotografías realizadas no marco de actividades colectivas organizadas polo centro, terá que comunicalo ao centro.
DEREITO DE ACCESO, OPOSICIÓN, RECTIFICACIÓN E CANCELACIÓN.
Poderanse exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición nos termos recollidos na Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal. Para iso, pode dirixirse por calquera medio que permita acreditar o envío e recepción da solicitude ao IES Muralla Romana.
Os usuarios deste sitio web declaran coñecer a política de privacidade e de protección de datos do Instituto de Educación Secundaria, e consenten en que os seus datos persoais e os dos seus fillo/a (s) ou tutelado/a (s) sexan tratados conforme a esta, á vez que aceptan os principios indicados nos epígrafes anteriores.
ENLACES.
Esta política de privacidade só é de aplicación á páxina web do IES, polo que non se garante nos accesos a través de enlaces con este sitio, nin aos enlaces dende este sitio con outras webs.
PROPIEDADE INTELECTUAL E OUTROS.
A información subministrada a través desta web atópase protexida pola lexislación sobre propiedade intelectual. Non se autoriza a reprodución total nin parcial dos seus contidos.
O IES Muralla Romana declara o seu respecto aos dereitos de propiedade intelectual e industrial de terceiros; por iso, se considera que este sitio puidese estar a violar os seus dereitos, pregamos póñase en contacto co IES Muralla Romana.
--------------------
IES Muralla Romana. Rúa Ángelo Colocci s/n. 27003 Lugo - Tlfns.: 982828081 Email: ies.muralla.romana@edu.xunta.gal