O 29 de abril as alumnas e alumnos de 2º da ESO do IES Ánxel Fole e do noso IES Muralla Romana desfrutaron dunha xornada de xogos populares que se desenvolveu con gran animación e deportividade. Os dezaseis equipos enfrontáronse en Chave, Bolos, Brilé e Corda, resultando gañadores Muralla1 (Pablo, Sebas, Piero, Abigail, Malak, Eric e Antonio) e Fole 8, que gañaron todos os seus partidos.