O alumnado de 4º de ESO e de 1º de FP Básica-INFOFI tivo a oportunidade de participar nas visitas que ofrece o programa EduTecEmprende para o curso 23/24 da Xunta de Galicia, impulsado polos departamentos de Tecnoloxía e Economía. A visita realizada foi á central hidroeléctrica de Belesar, no corazón da Ribeira Sacra (Chantada). Os alumnos e alumnas tiveron a gran ocasión de coñecer as instalacións ó completo. A planta e o encoro son as máis grandes de Galicia. A obra de Belesar data dos anos 60 e consta de dous edificios, o primeiro deles considerado de interese cultural, representando a arquitectura de estilo contemporáneo, obra do arquitecto galego Castañón; e a segunda, xa no interior da presa, coñecida como a mini central, realizada a posteriori, para un maior aproveitamento enerxético. Sen dubida ningunha, unha gran oportunidade académica para o noso alumnado.