Skip to Content

VISITA Á CASA-MUSEO MANUEL MARÍA E CASA DAS INSUAS

O luns 11 de decembro os tres grupos de 1º ESO desfrutamos dunha saída á Casa-Museo de Manuel María e á Casa das Insuas.

En primeiro lugar visitamos a casa natal do escritor Manuel María en Outeiro de Rei. Xuntámonos no palleiro para realizar un xogo sobre poesía cunha baralla de cartas. A continuación, vimos un vídeo co autor recitando os seus poemas.Na visita guiada descubrimos o cuarto no que naceu, a súa biblioteca inmensa, unha máquina de escribir moi antiga, a súa colección de navallas, o seu gusto pola arte, fotografías e sobre todo as súas palabras. Finalmente, puidemos desfrutar da horta da casa.

A segunda visita foi á Casa das Insuas, situada á beira do río Miño en Rábade. Achegámonos ata a ponte antiga para ver a paisaxe, chea de árbores autóctonas. Recibimos información sobre o labor da Asociación Galega de Custodia do Territorio e fomos analizando os paneis do museo, cuxo chan é unha fotografía aérea da zona.

 



story | by Dr. Radut