Skip to Content

GALA FINAL DE ENREDANDO CO GALEGO

O pasado venres 19 todos os participantes de ENREDANDO CO GALEGO, que comprendía alumnado desde 1º ESO ata 1º BAC, achegáronse ata o auditorio Gustavo Freire para celebrar a gala final dese certame. Alí gozaron co magnífico concerto de Fillas de Casandra e logo recolleron os premios ás composicións máis destacadas. Estes foron para Naiara Diéguez Romero (3º ESO), Pablo Dorado Loureiro (3º ESO), Abdesamad Aksasse (4º ESO), Laura García Castro  (4º ESO), Alba López  Yebra (4º ESO) e María Penín García (1º BAC). Outras/os compañeiras/os recibiron agasallos mediante sorteo.
Parabéns a todas e todos! Agardamos que sigades escribindo así de ben e que poidades participar o vindeiro ano.

GALA FINAL


page | by Dr. Radut