O EDLG situou na entrada do noso centro unha exposición "SER LINGUA NON É FÁCIL" cedida polo STEG cuns paneis realizados pola Escola Oficial de Idiomas de Ourense que aportan información sobre a situación lingüística de diferentes lugares do mundo: Italia, Flandes, Portugal, Porto Rico... en diferentes etapas nas que había linguas débiles socialmente pero lograron a súa recuperación. Con isto vemos que a situación lingüística que temos en Galicia se deu noutros lugares e con vontade e compromiso se logrou manter viva a lingua propia. Agardamos que a concienciación nos leve pouco a pouco por estes camiños. Nas fotos vemos alumnado de 1º BAC recollendo información para logo traballar con ela nas aulas.