Un ano máis o noso centro participa no certame de creación EnRedando co galego promovido polo Concello de Lugo e a Asociación de Escritores en Lingua Galega. Fixeron a presentación Anxo Lamelo e Lois Pérez o pasado venres 21 no salón de actos do centro á que acudiron alumnado de 3º e 4º ESO. Estiveron, asemade, o dúo Vaguedades formado por Isabel Risco e Fran Rei que animaron á rapazada a usar e a valorar a nosa lingua a través dunha performance ateigada de comicidade e retranca.