Lucía Martínez, traballadora social de ASPACE e Fernanda Arrojo, presidenta desta asociación, visitaron o noso alumnado de 1º de FPB de INFOFI para ofrecerlles unha visión da realidade da diversidade funcional, o seu día a día e as actividades que realizan na entidade co obxectivo de sensibilizar e concienciar o alumnado de vidas diferentes con capacidades diferentes. Nunha primeira sesión achegáronnos ao que é a parálise cerebral, levando a cabo un intercambio de ideas sobre os mitos e estereotipos, preguntas e debete e, posteriormente, Fernanda explicoulle ao alumnado a súa historia de vida.