A cerimonia de clausura e entrega de premios da VIII Edición D3Mobile Metrology World League puxo en valor o talento e a creatividade dos estudantes participantes, na que un equipo do IES Muralla Romana de Lugo alzouse co premio EQUIPO CAMPIÓN DO MUNDO na modalidade de ARTISTAS 3D. O modelo gañador nesta categoría representa unha figura da muralla de Lugo escaneada en 3D, cuxa autoría corresponde ao equipo formado polos xa ex-alumnos do IES Muralla Romana: Adrián Rego e Alejandro Muñoz; coordinados pola profesora de TIC.