Iria Liñares, alumna de 1º de Bacharelato, premiada cun ACCÉSIT no X Concurso Europeo de Marcapáxinas.
Ao concurso preséntanse cada ano centos de marcapáxinas a través do proxecto eTwinning Letras Galegas 2020 – Carvalho Calero.
A finalidade deste proxecto é promover a colaboración escolar con outros centros europeos, utilizando as tecnoloxías da información e a comunicación.
Desde aquí desexámoslle os nosos parabéns a Iria Liñares polo seu excelente traballo; animándovos a todos e todas a seguir participando nestes tipo de proxectos educativos.
Nestas imaxes está o marcapáxinas realizado por Iria e que mereceu a mención no concurso deste ano.