CONCURSO:
Deseñamos a identificación dos contedores de lixo do centro.
OBXECTIVOS:
- Sensibilizar e concienciar á comunidade educativa sobre a correcta selección do lixo e do uso dos contedores do centro.
- Fomentar unha cultura e práctica de hábitos saudables que non contaminen o medio ambiente.
- Concienciar á comunidade educativa sobre o valor dos residuos.
- Desenvolver diferentes actividades que poñan en práctica a regra das 3R: reducir, reutilizar e reciclar.
TEMÁTICA:
O concurso: BÓTALLE UNHA MAN AO NOSO PLANETA. SEPARA O LIXO CON XEITO!!! ten como finalidade concienciar a toda a comunidade educativa á hora de seleccionar os residuos xerados por nós. Comezando polo que está máis próximo, educarémonos para facelo alá por onde vaiamos.
REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN: Os e as participantes terán que deseñar unha imaxe que identifique o lixo que recolle cada contedor:
- Amarelo
- Azul
- Verde
DESTINATARIOS/ AS:
- Alumnado de 1ºESO: deseñarán a imaxe para identificar contedor azul.
- Alumando de 2ºESO: deseñarán a imaxe para identificar contedor amarelo.
- Alumnado de 3ºESO: deseñarán a imaxe para identificar contedor verde.
Dende o 18 de novembro ata 16 de decembro de 2019.
EXPOSICIÓN E GAÑADORES/AS
Cos traballos presentados a concurso realizarase unha exposición no centro e o xurado valorará e elixirá os tres que mellor reflictan o obxectivo deste concurso.
XURADO
Estará formado polos membros do grupo de biblioteca, un representante do equipo directivo e un membro do persoal non docente.
PREMIOS
Haberá tres primeiros premios, xa que serán elixidos os mellores deseños para cada contedor. Impresión dos deseños gañadores para colocar en cada contedor.
VALE LIBRARÍA para os/as autores/ as
[CARTEL DO CONCURSO]
Cartel creado con Canva