As alumnas de 1º do Ciclo de Estética e Benestar do IES Muralla Romana estiveron a celebrar o Samaín nos talleres de Maquillaxe.
Grazas á creatividade que demostran e a fantástica selección de bosquexos, recrearon terroríficas maquillaxes que amosan as súas dotes como futuras profesionais, inclusive no mundo da caracterización.