Skip to Content

O CLUB DE LECTURA, “LECTURAS E ANDANZAS”, DO IES MURALLA ROMANA

 O CLUB DE LECTURA, “ LECTURAS E ANDANZAS”, DO IES MURALLA ROMANA  COMPARTE CON TODOS E TODAS VÓS:

 1.- O LOGOTIPO QUE DESEÑOU A LECTORA E AVENTUREIRA, IRIA LIÑARES

LogoClubLectura_18-19

 

Na segunda reunión comentamos a ilustración e identificámonos coa simboloxía que agocha o debuxo.

-       Por que un gato?

-       Por que un gorro?

-       Por que unhas ás?

-       Por que un traxe cheo de letras?

Se a ti tamén che move todo o que encerra o noso logotipo, non dubides en apuntarte ao noso club. Xa sabes,  os MARTES DE 11,20 – 11,50h estamos na biblioteca.

 

2.- AS LECTURAS QUE NOS ACOMPAÑARÁN

Narrativa: O neno can, Casalderrey, Fina e Castro, Francisco; Fume, Fortes, Antón; Invisible, Eloy Moreno.

Poesía: Penúltimas tendencias, Carlos Negro;  Las almas de Brando, Brandon Ndojocu, César.

Cómic:  Death Note, Tsugumi Ōba, Takeshi Obata ( 1-3); Emigrantes,  Shaun Tan.

Contamos con dúas obras máis por se o tempo nos permite gozar da súa lectura: Deixe a súa mensaxe despois do sinal, Arantza Portabales e O tesouro de Lucio, Belatz.

Como estamos abertos a todas as suxestións dos compoñentes do club, pode que se incorporen outras lecturas ao longo do curso - seguro que si-, porque só compartindo podemos seguir gozando das nosas andanzas.

3.- AS ANDANZAS  QUE PROTAGONIZAREMOS AO LONGO DO CURSO:

3.1.- QUERES QUE CHE LEA UN POUQUIÑO?

Como somos solidarios e solidarias, comezaremos a gravar arquivos sonoros coas nosas lecturas e creacións para compartir con todas as persoas a través da rede.

Así, se non podedes ou poden ler, nós farémolo por eles e elas.

3.2.- SOMOS ESCRITORES E ESCRITORAS:

Comezaremos a sentirnos creadores e creadoras elaborando un libro que recollerá todos os aforismos que vaian xurdindo das lecturas e doutras actividades nas que participaremos.

3.3- E SE EU FOSE TI...?

Estaremos aí para amosar o noso compromiso e solidariedade con todos os temas que así o demanden. Día contra a violencia de xénero, Día da Paz, Día da Muller, Día da árbore, Día Mundial del Medio Ambiente...

 

3.4.- RELACIONAR E COMPARTIR PARA APRENDER GOZANDO

Que mellor que compartir para seguir aprendendo! Se as lecturas nos achegan diversas temáticas, que nós relacionamos con outras artes como o cine, que mellor que seguir falando delas con persoas que comparten os mesmos gustos ca nós!

Iniciaremos un contacto con un club de lectura que leva oito anos relacionando lectura e cine, “ @s argalleir@s das letras” do IES Castro da Uz, As Pontes. 

Agardamos poder participar no seu VIII maratón de cine. De non ser posible, intentaremos facer proxeccións de películas no noso centro.

 DÍA DO LIBRO: data que unirá a todos e todas os e as compoñentes deste club, porque amosará que somos lectores e lectoras, creadores e creadoras e solidarios e solidarias.

Achegarémonos ata unha cidade para realizar a lectura continuada da obra elixida (gravando un arquivo sonoro desta), amosaremos que somos creadores á hora de realizar unha composición poética baseada na súa lectura e ilustraremos esta última.

Agardamos compartir esta actividade co club de lectura “ Argalleir@s das letras” para seguir mergullándonos en andanzas compartidas.

3.5.-TALLERES LITERARIOS

Este curso esperamos contar co escritor Carlos Negro para que nos achegue os segredos que agocha a escritura e nos responda a algunhas preguntas que lle teremos preparadas.

3.6.-O CURRUNCHIÑO DE LECTURA

Seguiremos facendo visible ese espazo da biblioteca onde compartiremos o pracer que achega a lectura,  as novidades, creacións propias, o gusto polos comentarios... Sen esquecer que: se non veñen á biblioteca, a biblioteca sairá fóra. Este lema será o que nos motive a levar ás aulas  todo o que estamos facendo no club de lectura para animar a toda a comunidade educativa a que se una a nós.



page | by Dr. Radut