Skip to Content

Convocatorias mobilidade FCT Erasmus+ (abril-xuño 2018)

Convocatoria para a asignación de bolsas de mobilidade para FCT para o alumnado de:

FP BÁSICA, CICLOS MEDIOS E CICLOS SUPERIORES
ABRIL-XUÑO DE 2018

 A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa abre unha convocatoria para asignar bolsas de mobilidades para prácticas de FCT para alumnos de Formación Profesional Básica, Ciclos Medios e Superiores no estranxeiro durante o presente curso, con destino en calquera dos CIFP e IES participantes no proxecto.

  • 325 mobilidades de alumnado FCT (11 semanas)

  • 20 mobilidades FP Básica (5 semanas)

  • 37 prazas profesorado acompañante (7 días)

  • 50 mobilidades titulados (6 meses)

FP BASICA

O proxecto consiste na realización dunha mobilidade de CINCO SEMANAS de prácticas, NON REMUNERADAS, en empresas relacionadas cos estudos cursados nas familias profesionais ofertadas no IES Muralla Romana.

Nos documentos adxuntos pódense consultar os requisitos e as achegas económicas para os estudantes e a solicitude

CICLOS MEDIOS

O proxecto consiste na realización dunha mobilidade de ONCE SEMANAS de prácticas, NON REMUNERADAS, en empresas relacionadas cos estudos cursados nas familias profesionais ofertadas no IES Muralla Romana.

A súa finalidade é proporcionar aos beneficiarios a oportunidade de ter unha experiencia formativa no ámbito laboral no estranxeiro, perfeccionar o coñecemento doutro idioma e coñecer outras culturas e modos de vida. As prácticas, no seu caso, contabilízanse como horas do módulo de FCT do ciclo correspondente. Dirixido a alumnado de Ciclos Medios que inicia as prácticas de FCT en abril de 2018. 

No documento adxunto podense consultar os requisitos e as achegas económicas para os estudantes.

 CICLOS SUPERIORES

O proxecto de mobilidades 2017-1-ES01-KA103-037769 permite ó centro facer a oferta de oito (8) bolsas de mobilidades para prácticas de FCT para alumnos de Ciclos Superiores de Formación Profesional no estranxeiro.

O IES Muralla Romana participa tamén no consorcio PraxEuropa, en virtude do cal ten asinada unha (1) bolsa de mobilidade para prácticas de FCT para alumnos de Ciclos Superiores de Formación Profesional no estranxeiro.

O proxecto consiste na realización dunha mobilidade de un máximo de ONCE SEMANAS de prácticas, NON REMUNERADAS, en empresas relacionadas cos estudos cursados nas familias profesionais ofertadas no IES Muralla Romana.

No documento adxunto podense consultar os requisitos e as achegas económicas para os estudantes. 

Máis información: Despacho de FCT/Programa Erasmus



page | by Dr. Radut