19/06/2017 10:30
O 19 de xuño durante a clausura do programa 'Eduemprende Atrévete 2016-2017' entregáronse os galardóns ás mellores propostas de emprendemento. No caso de Lugo, na categoría de secundaria resultaron premiados dous traballos de alumnado do IES Muralla Romana; en conreto, o de Naila Díaz e o de Joel Fouz.
Na fotografía aparecen o Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; a profesora, Mª Luisa Díaz Cadenas, que coordinou ao seu alumnado nesta actividade e os premiados antes mencionados.