Skip to Content

Vídeo conferencia en streaming - Día mundial dos dereitos das persoas consumidoras

15/03/2017 12:00

O 15 de marzo é o Día mundial dos dereitos das persoas consumidoras, que se ven celebrando dende 1983 para conmemorar o discurso que o presidente estadounidense John F. Kennedy pronunciou o día 15 de marzo de 1962 ante o Congreso do seu país, declarando que todos eramos consumidores.

Para dar a coñecer esta data entre a comunidade educativa, a Escola Galega de Consumo organiza a seguinte actividade:

- VIDEO CONFERENCIA SOBRE CONSUMO RESPONSABLE

A Escola Galega de Consumo, en colaboración co Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), oferta aos centros educativos de Galicia unha charla sobre consumo responsable, que poderase seguir sen desprazarse do centro a través do sistema de vídeo conferencia en streaming.

TÍTULO: Coñece os teus dereitos como persoa consumidora

  • Sinxela explicación dos distintos dereitos que amparan ás persoas consumidoras, apoiada con exemplos prácticos baseados en experiencias reais de consumo propias dese grupo de idades. Consellos prácticos para resolver distintas problemáticas de consumo e pasos a seguir para poñer unha reclamación

Contidos:

  • Conceptos básicos de consumo responsable e aproximación aos dereitos das persoas consumidoras:

- Persoa consumidora

- Dereitos e deberes das persoas consumidoras

- Organismos públicos básicos de defensa das persoas consumidoras

Duración aprox. 1h, ao final abrirase unha rolda de preguntas.



event | by Dr. Radut