Skip to Content

Charla divulgativa "Podoloxía preventiva"

03/03/2017 12:00
 
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Charla divulgativa PODOLOXÍA PREVENTIVA
 Podoloxía preventivaData:      03 de marzo
Hora:      12:00-13:00
Lugar:     Salón de actos
Para:       Ciclos de Imaxe Persoal

O profesor Dr Daniel López López impartirá esta charla de divulgación científica da UDC, co título "Podoloxía preventiva". Os destinatarios desta conferencia serán os estudantes dos distintos ciclos do Departamento de Imaxe Persoal. A duración da charla prevista é dunha hora, aínda que a continuación establecerase unha rolda de intervencións para que os participantes fagan chegar as cuestións que así o consideren.
 
Guión da charla:
  • Os pés, un elemento clave no control da saúde
    Que son os pés? Características dos pés. Alteracións ou deformidades dos pés. A importancia dos pés. Elementos para coidar os pés.
  • A podoloxía: a prevención como estratexia clave
    Podoloxía preventiva e saúde. Que é un podólogo ou unha podóloga. Competencias dos podólogos.
  • Quero ser podólogo/a
    Onde se pode estudar podoloxía e as saídas profesionais.
O ponente:
Prof Dr Daniel López López, DP, BSC, MSC, PHD
Universidade da Coruña
Vicedecano de Calidade Enfermaría e Podoloxía
Coordinador Unidade Investigación Saúde e Podoloxía 
Departamento de Ciencias da Saúde


event | by Dr. Radut