Alumnado de música asistirá ao concerto didáctico “THE MATHEMATICS OF THE RESONANT BODIES - percusión, electrónica e danza", que forma parte do Ciclo de Música Contemporánea de Lugo “MIHLSons-XXI”. Sairán do instituto ás 10:30h, o concerto dará comenzo ás 11:00h. cunha duración aproximada de dúas horas.
Programa :
Compositor: John Luther Adams (Premio Pulitzer 2014)
Presentación do concerto: Xoán Xil López
Intérpretes: Diego Ventoso Fernández (percusión) e Grupo de Danza Contemporánea do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo
Coreógrafas: Alba Felpete, Ana Belén Ferreiro, Raquel González e Reyes González
Sinopse:
“Sempre envidiei a relación que pintores e escultores teñen cos materiais da súa arte. A sustancia real da música sempre parece un pouco máis alá do noso alcance.
Aínda así, a música é un fenómeno táctil.
Hai uns cantos anos compuxen `Strange and Sacred Noise´, un ciclo para cuarteto de percusión celebrando o ruído na música e na natureza. Unha das pezas está escrita para catro tam-tams, tocando ondas de diferentes períodos que, finalmente, crecen xuntas nun enorme tsunami de son. Cando escoitei por primeira vez esta peza (que foi escrita para ser estreada polo marabilloso grupo de percusión de Cincinnati) asusteime. En medio das densas masas de ruído de banda ancha oín claramente voces, como un coro cantando tons longos e sen palabras. Chameilles "voces de anxo." E quería oílas soas ...
Comecei este traballo compoñendo un novo ciclo de cuartetos. Steve Schick veu a Alaska e gravou estas pezas parte por parte. Montei as gravacións e, a continuación, comecei a filtralas como fixera anteriormente cos tam-tams. O resultado foi unha serie de "auras" derivadas da resonancia interior dos propios instrumentos. Como paso final, compuxen unha serie de partes de solo para ser tocadas dentro destes campos sonoros “. J.L.A.