Eventos
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: IX CONCURSO GALEGO DE ROBÓTICA | ||
Día: 26 de abril |
Alumnado de 4ºESO participará no "Obradoiro e Concurso de Robótica en A Coruña. Abril 2017", IX Concurso Galego de Robótica 2016, na Fundación Barrié de A Coruña. Organiza esta actividade a Institución Galega da Ciencia (IGACIENCIA), patrocinada por Educación Barrié.
O obxectivo do obradoiro é participar en grupo na montaxe e programación dun robot móbil cun kit de LEGO. De maneira sinxela e divertida o alumnado participante familiarízase tanto cos robots como coa linguaxe da robótica.
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Vacinación, si ou non? | ||
Día: 16 de maio |
O martes 16 de maio ás 09:30 h da mañá, no salón de actos do instituto, haberá un debate baixo o título "Vacinación, si ou non?". Realizarao alumnado de 3ºESO.
Unha forma diferente de preparar un punto do tema que están a estudar Anatomía e fisioloxía humana. Para iso os relatores defenderán posturas opostas, que deberán rebater esgrimindo argumentos, para os cales deberán documentarse previamente, preparando as súas intervencións a favor e en contra da vacinación mediante procuras bibliográficas e con base científica...
Será presentado e moderado por un dos estudantes, Adrían Vázquez.
"Charla formativa e sensibilizadora sobre o tema da vacinación, para tratar de estimular ao alumnado no seu coñecemento e nas controversias que neste momento son sumamente relevantes, sobre todo pola visibilidade tan poderosa que están a ter os movementos antivacinas en todo o mundo e que non están a ser rebatidas en debate científico de forma contundente."
Webs de referencia: |
Agradecer a D. Carlos Quintas a interesante charla formativa sobre vacinación, impartida onte en @iesmuralla. pic.twitter.com/0PnwLWjJ6I
— IES Muralla Romana (@iesmuralla) 17 de mayo de 2017
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Ponlle as pilas ao teu bocata | ||
Día: 26 de maio |
Esta campaña esta deseñada para a dar o coñecer as múltiples virtudes das conservas dos produtos do mar. Esta iniciativa desenvólvese nos colexios públicos e numerosas competicións deportivas e campamentos da comunidade autónoma.
“As conservas temos unha chea de enerxía para o teu bocata”
Ter unha dieta rica e equilibrada é fundamental para crecer. Levar unha alimentación adecuada, completa e variada dáche a enerxía necesaria para facer o que che guste durante o día. As especies mariñas en conserva, xunto cunha gran variedade de alimentos vexetais, cereais, lácteos.. serviranche para elaborar os teus propios bocatas! Experimenta con todas as combinacións que se che ocorran, e gozarás de infinidade de sabores que che achegarán todos os beneficios enerxéticos que necesitas para crecer san e forte!
Máis información: www.ponlleaspilasaoteubocata.com