Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom | ||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
13
Start: 13/03/2017 11:30
(*) Desprazaranse camiñando ata o auditorio (sairán ás 11:30 h). A profesora do departamento de Latín e Grego acompañará ao alumnado de: - Grego I - 1º Bacharelato á representación da obra: Electra, dentro do XVII Festival Xuvenil Europeo de Teatro Grecolatino de Lugo, organizado pola asociación Prósopon , a Delegación Galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos e patrocinado polo concello de Lugo. Electra de Sófocles, por Grupo ESM, de Bilbao.
| 14
Start: 14/03/2017 17:00
(*) O alumnado desprazarase pola súa conta ata o auditorio. A profesora do departamento de Latín e Grego asistirá co alumnado de: - Latín - 4º ESO á representación da obra: Pseudolus, dentro do XVII Festival Xuvenil Europeo de Teatro Grecolatino de Lugo, organizado pola asociación Prósopon , a Delegación Galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos e patrocinado polo concello de Lugo. Pseudolus de Plauto, por Grupo Noite Bohemia, de A Coruña.
| 15
Start: 15/03/2017 12:00
O 15 de marzo é o Día mundial dos dereitos das persoas consumidoras, que se ven celebrando dende 1983 para conmemorar o discurso que o presidente estadounidense John F. Kennedy pronunciou o día 15 de marzo de 1962 ante o Congreso do seu país, declarando que todos eramos consumidores. Para dar a coñecer esta data entre a comunidade educativa, a Escola Galega de Consumo organiza a seguinte actividade: - VIDEO CONFERENCIA SOBRE CONSUMO RESPONSABLE A Escola Galega de Consumo, en colaboración co Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), oferta aos centros educativos de Galicia unha charla sobre consumo responsable, que poderase seguir sen desprazarse do centro a través do sistema de vídeo conferencia en streaming. TÍTULO: Coñece os teus dereitos como persoa consumidora
Contidos:
- Persoa consumidora - Dereitos e deberes das persoas consumidoras - Organismos públicos básicos de defensa das persoas consumidoras Duración aprox. 1h, ao final abrirase unha rolda de preguntas. | 16
| 17
| 18
| 19
|