Skip to Content

Eventos

« Week of Marzo 13, 2017 »
LunMarMérXovVenSábDom
13
Start: 13/03/2017 11:30
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: XVII Festival de Teatro Grecolatino de Lugo. 2017
 

Días:
Organiza:
Hora:
Lugar:
Para:

13 de marzo
Dpto. Latín e Grego
12:00 h (*)
Auditorio
Alumnado de grego

(*) Desprazaranse camiñando ata o auditorio (sairán ás 11:30 h).

A profesora do departamento de Latín e Grego acompañará ao alumnado de:

- Grego I - 1º Bacharelato
- Grego II - 2º Bacharelato

á representación da obra: Electra, dentro do XVII Festival Xuvenil Europeo de Teatro Grecolatino de Lugo, organizado pola asociación Prósopon Enlace externo, a Delegación Galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos Enlace externo e patrocinado polo concello de Lugo.


Electra Enlace externo de Sófocles, por Grupo ESM, de Bilbao.



 

14
Start: 14/03/2017 17:00
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: XVII Festival de Teatro Grecolatino de Lugo. 2017
 Cartel

Días:
Organiza:
Hora:
Lugar:
Para:

14 de marzo
Dpto. Latín e Grego
17:00 h (*)
Auditorio
Alumnado de latín e grego

(*) O alumnado desprazarase pola súa conta ata o auditorio.

A profesora do departamento de Latín e Grego asistirá co alumnado de:

- Latín - 4º ESO
- Latín e Grego - Bacharelato

á representación da obra: Pseudolus, dentro do XVII Festival Xuvenil Europeo de Teatro Grecolatino de Lugo, organizado pola asociación Prósopon Enlace externo, a Delegación Galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos Enlace externo e patrocinado polo concello de Lugo.


Pseudolus Enlace externo de Plauto, por Grupo Noite Bohemia, de A Coruña.



 

15
Start: 15/03/2017 12:00

O 15 de marzo é o Día mundial dos dereitos das persoas consumidoras, que se ven celebrando dende 1983 para conmemorar o discurso que o presidente estadounidense John F. Kennedy pronunciou o día 15 de marzo de 1962 ante o Congreso do seu país, declarando que todos eramos consumidores.

Para dar a coñecer esta data entre a comunidade educativa, a Escola Galega de Consumo organiza a seguinte actividade:

- VIDEO CONFERENCIA SOBRE CONSUMO RESPONSABLE

A Escola Galega de Consumo, en colaboración co Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), oferta aos centros educativos de Galicia unha charla sobre consumo responsable, que poderase seguir sen desprazarse do centro a través do sistema de vídeo conferencia en streaming.

TÍTULO: Coñece os teus dereitos como persoa consumidora

  • Sinxela explicación dos distintos dereitos que amparan ás persoas consumidoras, apoiada con exemplos prácticos baseados en experiencias reais de consumo propias dese grupo de idades. Consellos prácticos para resolver distintas problemáticas de consumo e pasos a seguir para poñer unha reclamación

Contidos:

  • Conceptos básicos de consumo responsable e aproximación aos dereitos das persoas consumidoras:

- Persoa consumidora

- Dereitos e deberes das persoas consumidoras

- Organismos públicos básicos de defensa das persoas consumidoras

Duración aprox. 1h, ao final abrirase unha rolda de preguntas.

16
17
18
19
Distribuir contido


by Dr. Radut