Skip to Content

Eventos

Luns Marzo 13, 2017
Start: 13/03/2017 11:30
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: XVII Festival de Teatro Grecolatino de Lugo. 2017
 

Días:
Organiza:
Hora:
Lugar:
Para:

13 de marzo
Dpto. Latín e Grego
12:00 h (*)
Auditorio
Alumnado de grego

(*) Desprazaranse camiñando ata o auditorio (sairán ás 11:30 h).

A profesora do departamento de Latín e Grego acompañará ao alumnado de:

- Grego I - 1º Bacharelato
- Grego II - 2º Bacharelato

á representación da obra: Electra, dentro do XVII Festival Xuvenil Europeo de Teatro Grecolatino de Lugo, organizado pola asociación Prósopon Enlace externo, a Delegación Galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos Enlace externo e patrocinado polo concello de Lugo.


Electra Enlace externo de Sófocles, por Grupo ESM, de Bilbao.



 

Martes Marzo 14, 2017
Start: 14/03/2017 17:00
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: XVII Festival de Teatro Grecolatino de Lugo. 2017
 Cartel

Días:
Organiza:
Hora:
Lugar:
Para:

14 de marzo
Dpto. Latín e Grego
17:00 h (*)
Auditorio
Alumnado de latín e grego

(*) O alumnado desprazarase pola súa conta ata o auditorio.

A profesora do departamento de Latín e Grego asistirá co alumnado de:

- Latín - 4º ESO
- Latín e Grego - Bacharelato

á representación da obra: Pseudolus, dentro do XVII Festival Xuvenil Europeo de Teatro Grecolatino de Lugo, organizado pola asociación Prósopon Enlace externo, a Delegación Galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos Enlace externo e patrocinado polo concello de Lugo.


Pseudolus Enlace externo de Plauto, por Grupo Noite Bohemia, de A Coruña.



 

Mércores Marzo 15, 2017
Start: 15/03/2017 12:00

O 15 de marzo é o Día mundial dos dereitos das persoas consumidoras, que se ven celebrando dende 1983 para conmemorar o discurso que o presidente estadounidense John F. Kennedy pronunciou o día 15 de marzo de 1962 ante o Congreso do seu país, declarando que todos eramos consumidores.

Para dar a coñecer esta data entre a comunidade educativa, a Escola Galega de Consumo organiza a seguinte actividade:

- VIDEO CONFERENCIA SOBRE CONSUMO RESPONSABLE

A Escola Galega de Consumo, en colaboración co Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), oferta aos centros educativos de Galicia unha charla sobre consumo responsable, que poderase seguir sen desprazarse do centro a través do sistema de vídeo conferencia en streaming.

TÍTULO: Coñece os teus dereitos como persoa consumidora

  • Sinxela explicación dos distintos dereitos que amparan ás persoas consumidoras, apoiada con exemplos prácticos baseados en experiencias reais de consumo propias dese grupo de idades. Consellos prácticos para resolver distintas problemáticas de consumo e pasos a seguir para poñer unha reclamación

Contidos:

  • Conceptos básicos de consumo responsable e aproximación aos dereitos das persoas consumidoras:

- Persoa consumidora

- Dereitos e deberes das persoas consumidoras

- Organismos públicos básicos de defensa das persoas consumidoras

Duración aprox. 1h, ao final abrirase unha rolda de preguntas.

Venres Marzo 24, 2017
Start: 24/03/2017 11:50
n/d
Luns Marzo 27, 2017
Start: 27/03/2017 08:50
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: VISITA A COCA-COLA, DOMUS e AQUARIUM FINISTERRAE
 Día:         27 de marzo
Hora:       08:50 ás 18:30 aprox.
Lugar:     A Coruña
Para:       2º ESO


Visita a Coca-Cola, Domus e Aquarium Finisterrae


Onde van xantar? deberán levar a comida da casa. Adaptarase o lugar do xantar en función das condicións meteorolóxicas.

Alumnos/as de 2º da ESO visitarán a embotelladora de Coca Cola, na Coruña. Unha experiencia que según comentan na web da compañía, os estudantes non a olvidarán en toda a súa vida. A visita está incluída dentro das actividades programadas para o concurso literario de xóvenes talentos (premio relatos curtos).

Ademais asistirán ó Domus, a Casa do Home, que é o primeiro museo interactivo do mundo adicado ao ser humano. Organizado en grandes áreas temáticas, como a xenética, a evolución humana, os sentidos, a locomoción e unha sección dedicada á mente e a intelixencia.

Tamén irán ó Aquarium Finisterrae, que se atopa na beira do océano Atlántico, xunto ao histórico faro da Torre de Hércules. Un centro de educación medioambiental que aborda cuestións como a dinámica das mares, a flora e fauna dos ecosistemas litorais, o ciclo biolóxico de diferentes especies mariñas, e aspectos culturais e sociais relacionados co mar.

 

Vídeos do acuario e da casa do home

Venres Marzo 31, 2017
Start: 31/03/2017 08:50
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR
 Cartel: Proximamente neste centro...


Día:       31de marzo
Para:      2ºESO, 3ºPMAR e 1ºPEIEST 
Hora:      de 08:50 a 14:20 h
Lugar:     San Cibrao-Burela

PROGRAMA DA ACTIVIDADE

É unha modalidade do programa "Aliméntate ben" (Plan Proxecta).

Trátase dunha iniciativa deseñada pola Consellería do Mar para transmitir aos rapaces e rapazas a importancia dos produtos do mar na dieta e o fomento do seu consumo.

O programa artéllase arredor de dúas actividades:

1) Realización de obradoiros (mércores, 25 de xaneiro)
Para chegar aos estudantes deseñaron de xeito lúdico un obradoiro educativo, que os motive no consumo de produtos do mar, que fomente o seu interese por este produto e polas posibilidades que ofrece. A empresa de Marexada. Deporte, Lecer e Cultura S.L. é a encargada de realizar nos centros estes obradoiros.

Este curso, no noso centro, faranse dous obradoiros para cubrir aos 70 alumnos e alumnas inscritos.
En canto á temática:
- verán un vídeo promocional de "O sabor da aventura está no mar"
- recibirán a explicación do xogo educativo a realizar: coa axuda das novas tecnoloxías buscarán información sobre a temática do mar: a pesca, os diferentes peixes e as súas propiedades, formas de comelos e falarán do coidado do mar.
Entre todos farán unha posta en común xeral da información obtida, agasallando con premios para os que mellor a presenten.

2) Realización de excursión a unha localidade costeira (prevista para o 31 de marzo - 2ºESO, 3ºPMAR e 1ºPEIEST)

O alumnado participante nesta excursión realizará visitas didácticas nas que terá a oportunidade de captar cos cinco sentidos a singularidade e as características do traballo dos colectivos de profesionais do mar, o recoñecemento da calidade dos produtos que capturan, así como as súas propiedades nutritivas, o seu sabor e textura nos menús.
Trátase de que o alumnado participante constrúa a súa propia aprendizaxe en relación coa pesca artesanal, o marisqueo e a acuicultura, integrando coñecementos sobre a extracción sostible e venda dos distintos produtos, sobre aspectos nutricionais e gastronómicos, e aspectos da cultura mariñeira a través dos diferentes recursos patrimoniais existentes nas localidades litorais visitadas.
A excursión terá unha duración dunha xornada de mañá e contémplanse as seguintes actividades:

a. Traslado en autobús a unha localidade costeira
b. Visita ao museo do mar en San cibrao
c. Cátering de produtos do mar
d. Visita complementaria: mostrará os distintos procesos acuícolas e a cultura mariñeira a través da oferta etnográfica e paisaxística de cada localidade

Fonte da información: na convocatoria e en www.ardoraonline.com

Ligazón a contidos: www.osabordaaventruaestanomar.com

Start: 31/03/2017 11:20
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: Teatro "GET BACK" de Eme2
 Cartel

Día:
Hora:
Lugar:
Para:

31 de marzo
12:00 h (*)
Auditorio
3ºESO

(*) Desprazaranse camiñando ata o auditorio (sairán ás 11:20 h).

Eme2 emoción&arte
Dirección: Jorge Coira
Autor e adaptación: Diego Ameixeiras
Intérpretes: Alfonso Agra, Mercedes Castro, Federico Pérez, Miguel Guido, Tamara Canosa

GET BACK Son cinco e van nun vagón de metro. Son cinco e teñen moitas cousas en común. Pero eles non o saben. Aínda. Saben que van no mesmo vagón de metro. Saben de onde veñen, pero ningún está moi seguro de cara a onde vai. Son xente normal e están en Londres. Se son normais e están en Londres... (Máis información)

Duración: 90 minutos

Venres Abril 07, 2017
Distribuir contido


by Dr. Radut