Eventos
O alumnado de francés de 3º-4º ESO e de 1º Bacharelato asistirá á adaptación da obra CYRANO DE BERGERAC (FRANÇAIS), de Edmond Rostand.
Un dos clásicos da literatura universal, agora adaptado ao nivel de francés dos estudantes. Nesta obra deixaranse seducir por este poderoso personaxe, fascinante e apaixonante. Unha oportunidade única para compartir momentos inesquecibles no teatro de grupo.
Máis información:
Web de recursosweb.com FAI TEATRING! |
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Charla "CONTAINERIZACIÓN e DOCKER" | ||
Día: 03 de marzo |
Ponente: Francisco Maseda, fundador e responsable de produto de PREFAPP; conta con máis de 8 anos de experiencia deseñando e programando sistemas, cunha gran traxectoria desarrollando aplicacións para a xestión e automatización de sistemas Linux.
Nesta charla iniciará aos asistentes na novidosa tecnoloxía de containerización, que está a revolucionar a forma de virtualizar sistemas e servizos en comparación aos sistemas tradicionais como virtualbox, vmware, etc.
Explicará as ideas e o software base que fan posible este tipo de virtualización a nivel de sistema operativo. E, falará das ferramentas do software máis popular neste campo, Docker (proxecto de código aberto que automatiza o despregamento de aplicacións dentro dos contenedores de software).
Máis información:
Web de PREFAPP.ES Con PREFAPP Docker ao teu alcance |
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Charla divulgativa PODOLOXÍA PREVENTIVA | ||
Data: 03 de marzo Hora: 12:00-13:00 Lugar: Salón de actos Para: Ciclos de Imaxe Persoal |
- Os pés, un elemento clave no control da saúde
Que son os pés? Características dos pés. Alteracións ou deformidades dos pés. A importancia dos pés. Elementos para coidar os pés. - A podoloxía: a prevención como estratexia clave
Podoloxía preventiva e saúde. Que é un podólogo ou unha podóloga. Competencias dos podólogos. - Quero ser podólogo/a
Onde se pode estudar podoloxía e as saídas profesionais.
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Charla - Máster Paulo Fabio en Dirección de RRHH | ||
Data: 06 de marzo Hora: 11:50-12:40 Lugar: No instituto Para: 2ºADMFIN e 2ºASIDIR |
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: XVII Festival de Teatro Grecolatino de Lugo. 2017 | |||
Días: | 13 de marzo |
(*) Desprazaranse camiñando ata o auditorio (sairán ás 11:30 h).
A profesora do departamento de Latín e Grego acompañará ao alumnado de:
- Grego I - 1º Bacharelato
- Grego II - 2º Bacharelato
á representación da obra: Electra, dentro do XVII Festival Xuvenil Europeo de Teatro Grecolatino de Lugo, organizado pola asociación Prósopon , a Delegación Galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos e patrocinado polo concello de Lugo.
Electra de Sófocles, por Grupo ESM, de Bilbao.
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: XVII Festival de Teatro Grecolatino de Lugo. 2017 | |||
Días: | 14 de marzo |
(*) O alumnado desprazarase pola súa conta ata o auditorio.
A profesora do departamento de Latín e Grego asistirá co alumnado de:
- Latín - 4º ESO
- Latín e Grego - Bacharelato
á representación da obra: Pseudolus, dentro do XVII Festival Xuvenil Europeo de Teatro Grecolatino de Lugo, organizado pola asociación Prósopon , a Delegación Galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos e patrocinado polo concello de Lugo.
Pseudolus de Plauto, por Grupo Noite Bohemia, de A Coruña.
O 15 de marzo é o Día mundial dos dereitos das persoas consumidoras, que se ven celebrando dende 1983 para conmemorar o discurso que o presidente estadounidense John F. Kennedy pronunciou o día 15 de marzo de 1962 ante o Congreso do seu país, declarando que todos eramos consumidores.
Para dar a coñecer esta data entre a comunidade educativa, a Escola Galega de Consumo organiza a seguinte actividade:
- VIDEO CONFERENCIA SOBRE CONSUMO RESPONSABLE
A Escola Galega de Consumo, en colaboración co Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), oferta aos centros educativos de Galicia unha charla sobre consumo responsable, que poderase seguir sen desprazarse do centro a través do sistema de vídeo conferencia en streaming.
TÍTULO: Coñece os teus dereitos como persoa consumidora
- Sinxela explicación dos distintos dereitos que amparan ás persoas consumidoras, apoiada con exemplos prácticos baseados en experiencias reais de consumo propias dese grupo de idades. Consellos prácticos para resolver distintas problemáticas de consumo e pasos a seguir para poñer unha reclamación
Contidos:
- Conceptos básicos de consumo responsable e aproximación aos dereitos das persoas consumidoras:
- Persoa consumidora
- Dereitos e deberes das persoas consumidoras
- Organismos públicos básicos de defensa das persoas consumidoras
Duración aprox. 1h, ao final abrirase unha rolda de preguntas.