Eventos
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR | ||
|
É unha modalidade do programa "Aliméntate ben" (Plan Proxecta).
Trátase dunha iniciativa deseñada pola Consellería do Mar para transmitir aos rapaces e rapazas a importancia dos produtos do mar na dieta e o fomento do seu consumo.
O programa artéllase arredor de dúas actividades:
1) Realización de obradoiros (mércores, 25 de xaneiro)
Para chegar aos estudantes deseñaron de xeito lúdico un obradoiro educativo, que os motive no consumo de produtos do mar, que fomente o seu interese por este produto e polas posibilidades que ofrece. A empresa de Marexada. Deporte, Lecer e Cultura S.L. é a encargada de realizar nos centros estes obradoiros.
Este curso, no noso centro, faranse dous obradoiros para cubrir aos 70 alumnos e alumnas inscritos.
En canto á temática:
- verán un vídeo promocional de "O sabor da aventura está no mar"
- recibirán a explicación do xogo educativo a realizar: coa axuda das novas tecnoloxías buscarán información sobre a temática do mar: a pesca, os diferentes peixes e as súas propiedades, formas de comelos e falarán do coidado do mar.
Entre todos farán unha posta en común xeral da información obtida, agasallando con premios para os que mellor a presenten.
2) Realización de excursión a unha localidade costeira (prevista para o 31 de marzo - sen determinar grupos - 50 estudantes)
O alumnado participante nesta excursión realizará visitas didácticas nas que terá a oportunidade de captar cos cinco sentidos a singularidade e as características do traballo dos colectivos de profesionais do mar, o recoñecemento da calidade dos produtos que capturan, así como as súas propiedades nutritivas, o seu sabor e textura nos menús.
Trátase de que o alumnado participante constrúa a súa propia aprendizaxe en relación coa pesca artesanal, o marisqueo e a acuicultura, integrando coñecementos sobre a extracción sostible e venda dos distintos produtos, sobre aspectos nutricionais e gastronómicos, e aspectos da cultura mariñeira a través dos diferentes recursos patrimoniais existentes nas localidades litorais visitadas.
A excursión terá unha duración dunha xornada de mañá e contémplanse as seguintes actividades:
a. Traslado en autobús a unha localidade costeira
b. Visita á lonxa ou o porto
c. Cátering de produtos do mar
d. Visita complementaria: mostrará os distintos procesos acuícolas e a cultura mariñeira a través da oferta etnográfica e paisaxística de cada localidade
Fonte da información: na convocatoria e en www.ardoraonline.com
Ligazón a contidos: www.osabordaaventruaestanomar.com
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: ENCONTROS NO CAMPUS DE SANTIAGO | ||
Día: 07 de febreiro |
Ás 08:40 h sairase en autobús desde o centro
PROGRAMA DA ACTIVIDADE:
SAÍDA DA RESIDENCIA BURGO DAS NACIÓNS ÁS 10:30 (CAMPUS NORTE)
PERCORRIDOS |
1: Filoloxía e Ciencias da Comunicación |
2: Ciencias Económicas e Empresariais |
3: Ciencias da Educación (Mestres) e Traballo Social |
4: Medicina-Odontoloxía e Enfermería * de 11a 12 Medicina-Odontoloxía de 12-13 Enfermería |
5: Xeografía e Historia e Filosofía |
SAÍDA DA RESIDENCIA MONTE DA CONDESA ÁS 10:30 (CAMPUS VIDA)
PERCORRIDOS |
6: Dereito, Relacións Laborais e Ciencias Políticas e Sociais |
7: Química e Enxeñaría Química |
8: Bioloxía e Farmacia |
9: Enxeñaría Informática e Matemáticas |
10: Física e Matemáticas |
11: Enxeñaría Informática e Física |
12: Química e Física |
13: Óptica e Optometría |
14: Psicoloxía e Ciencias da Educación |
O persoal da USC farase cargo de recibir nos puntos de encontro, aos estudantes participantes e acompañalos nos distintos percorridos. O profesorado acompañante do instituto só irá con eles ata o punto de encontro, para deixalos ao inicio e recollelos ao finalizar o percorrido (tempo estimado do mesmo 2 horas e media).
A hora de retorno está condicionada á finalización dos distintos percorridos, aconséllase levar un bocadillo e un refresco/auga para tomar antes de regresar a Lugo. Hora estimada de chegada ao instituto, ás 15:00 h aproximadamente.
O alumnado de francés de 3º-4º ESO e de 1º Bacharelato asistirá á adaptación da obra CYRANO DE BERGERAC (FRANÇAIS), de Edmond Rostand.
Un dos clásicos da literatura universal, agora adaptado ao nivel de francés dos estudantes. Nesta obra deixaranse seducir por este poderoso personaxe, fascinante e apaixonante. Unha oportunidade única para compartir momentos inesquecibles no teatro de grupo.
Máis información:
Web de recursosweb.com FAI TEATRING! |