Skip to Content

Eventos

Mércores Xaneiro 25, 2017
Start: 25/01/2017 10:20
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR
 Cartel: Proximamente neste centro...


Día:       25 de xaneiro
Para:      1ºESO (de 10:20 a 11:20h) 
Para:      2ºESO (de 11:50 a 12:50 h)
Lugar: IES Muralla Romana (Salón de actos)

É unha modalidade do programa "Aliméntate ben" (Plan Proxecta).

Trátase dunha iniciativa deseñada pola Consellería do Mar para transmitir aos rapaces e rapazas a importancia dos produtos do mar na dieta e o fomento do seu consumo.

O programa artéllase arredor de dúas actividades:

1) Realización de obradoiros (mércores, 25 de xaneiro)
Para chegar aos estudantes deseñaron de xeito lúdico un obradoiro educativo, que os motive no consumo de produtos do mar, que fomente o seu interese por este produto e polas posibilidades que ofrece. A empresa de Marexada. Deporte, Lecer e Cultura S.L. é a encargada de realizar nos centros estes obradoiros.

Este curso, no noso centro, faranse dous obradoiros para cubrir aos 70 alumnos e alumnas inscritos.
En canto á temática:
- verán un vídeo promocional de "O sabor da aventura está no mar"
- recibirán a explicación do xogo educativo a realizar: coa axuda das novas tecnoloxías buscarán información sobre a temática do mar: a pesca, os diferentes peixes e as súas propiedades, formas de comelos e falarán do coidado do mar.
Entre todos farán unha posta en común xeral da información obtida, agasallando con premios para os que mellor a presenten.

2) Realización de excursión a unha localidade costeira (prevista para o 31 de marzo - sen determinar grupos - 50 estudantes)

O alumnado participante nesta excursión realizará visitas didácticas nas que terá a oportunidade de captar cos cinco sentidos a singularidade e as características do traballo dos colectivos de profesionais do mar, o recoñecemento da calidade dos produtos que capturan, así como as súas propiedades nutritivas, o seu sabor e textura nos menús.
Trátase de que o alumnado participante constrúa a súa propia aprendizaxe en relación coa pesca artesanal, o marisqueo e a acuicultura, integrando coñecementos sobre a extracción sostible e venda dos distintos produtos, sobre aspectos nutricionais e gastronómicos, e aspectos da cultura mariñeira a través dos diferentes recursos patrimoniais existentes nas localidades litorais visitadas.
A excursión terá unha duración dunha xornada de mañá e contémplanse as seguintes actividades:

a. Traslado en autobús a unha localidade costeira
b. Visita á lonxa ou o porto
c. Cátering de produtos do mar
d. Visita complementaria: mostrará os distintos procesos acuícolas e a cultura mariñeira a través da oferta etnográfica e paisaxística de cada localidade

Fonte da información: na convocatoria e en www.ardoraonline.com

Ligazón a contidos: www.osabordaaventruaestanomar.com

Xoves Febreiro 02, 2017
Venres Febreiro 03, 2017
Start: 03/02/2017 11:30
n/d
Domingo Febreiro 05, 2017
Start: 05/02/2017 21:11
n/d
Martes Febreiro 07, 2017
Start: 07/02/2017 08:40
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: ENCONTROS NO CAMPUS DE SANTIAGO
 

Día:        07 de febreiro
Hora:      08:40 ás 15:00
Para:       1º e 2º BAC 

Ás 08:40 h sairase en autobús desde o centro

PROGRAMA DA ACTIVIDADE:

SAÍDA DA RESIDENCIA BURGO DAS NACIÓNS ÁS 10:30  (CAMPUS NORTE)

PERCORRIDOS
1: Filoloxía e Ciencias da Comunicación
2: Ciencias Económicas e Empresariais
3: Ciencias da Educación (Mestres) e  Traballo Social
4: Medicina-Odontoloxía e Enfermería * de 11a 12  Medicina-Odontoloxía de 12-13 Enfermería
5: Xeografía e Historia e Filosofía

SAÍDA DA RESIDENCIA MONTE DA CONDESA ÁS 10:30  (CAMPUS VIDA)

PERCORRIDOS
6: Dereito, Relacións Laborais e Ciencias Políticas e Sociais  
7: Química e   Enxeñaría Química
8: Bioloxía e Farmacia
9: Enxeñaría Informática e Matemáticas
10: Física e Matemáticas
11: Enxeñaría Informática e Física
12: Química e Física
13: Óptica e Optometría
14: Psicoloxía e Ciencias da Educación

O persoal da USC farase cargo de recibir nos puntos de encontro, aos estudantes participantes e acompañalos nos distintos percorridos. O profesorado acompañante do instituto só irá con eles ata o punto de encontro, para deixalos ao inicio e recollelos ao finalizar o percorrido (tempo estimado do mesmo 2 horas e media).

A hora de retorno está condicionada á finalización dos distintos percorridos, aconséllase levar un bocadillo e un refresco/auga para tomar antes de regresar a Lugo. Hora estimada de chegada ao instituto, ás 15:00 h aproximadamente.

Mércores Febreiro 08, 2017
Start: 08/02/2017 10:00
n/d
Xoves Febreiro 09, 2017
Venres Febreiro 10, 2017
Sábado Febreiro 11, 2017
Domingo Febreiro 12, 2017
Luns Febreiro 13, 2017
Start: 13/02/2017 12:40
n/d
Martes Febreiro 14, 2017
Start: 13/02/2017 12:40
End: 14/02/2017 14:20
n/d
Start: 14/02/2017 11:50
n/d
Mércores Febreiro 15, 2017
Start: 08/02/2017 10:00
End: 15/02/2017 15:00
n/d
Mércores Febreiro 22, 2017
Start: 22/02/2017 11:00
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Asistencia ao teatro "Cyrano de Bergerac (Français)" 
 

Día:         22 de febreiro
Organiza:  Dpto. Francés
Hora:        11:00-13:00
Lugar:       Auditorio Gustavo Freire
Para:         3ºESO, 4ºESO e 1º de Bacharelato

O alumnado de francés de 3º-4º ESO e de 1º Bacharelato asistirá á adaptación da obra CYRANO DE BERGERAC (FRANÇAIS), de Edmond Rostand.

Un dos clásicos da literatura universal, agora adaptado ao nivel de francés dos estudantes. Nesta obra deixaranse seducir por este poderoso personaxe, fascinante e apaixonante. Unha oportunidade única para compartir momentos inesquecibles no teatro de grupo.

Máis información:

Web de recursosweb.com Enlace externo FAI TEATRING!

Venres Febreiro 24, 2017
Start: 24/02/2017 11:20
n/d
Distribuir contido


by Dr. Radut