Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom | ||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
13
| 14
| 15
| 16
| 17
Start: 17/06/2016 08:30
Que debemos ter en conta á hora de realizar a visita? É importante: - levar roupa e calzado de abrigo (se é impermeable, mellor) - facer caso ás indicacións dos guías e profesores - En caso de ter algún tipo de alerxia alimentaria comunicala ao profesor ou responsable do centro prestar atención e gozar desta experiencia única!. As actividades terán lugar nas inmediacións portuarias de Celeiro, e consisten nunha visita guiada a través das mesmas. 10:00 h- Recepción dos participantes na lonxa de Celeiro Benvida e breve presentación do proxecto e das actividades no salón de actos da empresa Porto de Celeiro S.A., con indicacións de seguridade para a visita á lonxa. 10:15-11:00- Visita guiada pola lonxa pesqueira Realizarase un percorrido para coñecer paso a paso, como descargan os barcos, como se vende o peixe e como se prepara para a súa distribución. Preténdese realizar tamén un simulacro de poxa no que poden participar os escolares. 11:15-11:35- Visita ao heliporto de Salvamento Marítimo Na mesma base de salvamento do helicóptero Pesca 2, o piloto e rescatadores explicarán en que consiste o seu traballo e como é o día a día nas instalacións da base. 11:45-12:15- Taller do Pescador Nunha sala da Confraría de pescadores habilitada exclusivamente para a actividade, os escolares poderán vestirse como un mariñeiro e coñecerán de primeira man as artes e aparellos por eles utilizados, así como as principais especies que capturan na zona. 12:30-13:00- Visita ao Centro de Formación Vicente Gradaille O Director do centro porá en funcionamento diversos instrumentos de comunicación para que os participantes comproben como se comunican os barcos entre si e coas estacións en terra. 13:15-14:15- Comida-degustación de produtos do mar Nun restaurante da zona, os escolares acabarán a xornada cunha comida baseada en produtos do mar, onde se divulgarán as propiedades beneficiosas que ten o peixe para un crecemento saudable tanto físico como intelectual. Antes do regreso a Lugo, farase un descanso no Castro de Fazouro, onde aproveitarase o lugar para ler algunha lenda galega e poemas, coordinado dende o Club de Lectura do centro. | 18
| 19
|