CENTRO e SECRETARÍA

Horarios de apertura e peche do centro e da secretaría

Renovación membros do Consello Escolar

28/11/2018 12:05
Africa/Addis Ababa

Publicación dos novos membros do Consello Escolar que se renova parcialmente neste curso escolar cos seguintes integrantes electos:

  • Polo sector de Nais e Pais: - Victoria Eugenia Ramos Merino
  • Polo sector de Persoal Non Docente: Mª Ángeles Leiro Vázquez
  • Polo sector de Alumnado: Jimena González Rodríguez e Nuria Agra Arias

Axudas a escolarización Consello de Sada

06/11/2018 11:25
Africa/Addis Ababa

LISTAXE PROVISIONAL AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN PARA O CURSO 2018-2019. CONCELLO DE SADA.

Podes consultar a listaxe provisióna de axuadas a escolarización na entrada do centro.

ELECCIÓNS A CONSELLO ESCOLAR

06/11/2018 10:30
Africa/Addis Ababa

RENOVACIÓN PARCIAL do CONSELLO ESCOLAR.

PUBLICACIÓN PROVISIONAL DO CENSO.

  • COMPROBA os teus datos, para facelo tendes para consulta no taboleiro da entrada o censo de pais e alumnos.
  • Podedes consultalo ata o día 15 de novembro as 14:00 h.
  • No caso de que sexa necesario corrixir algún dos vosos datos, tendes un impreso na secretaria do centro para facelo.

 

PRESENTACIÓN DE CANDIDATOS.

  • PRESENTA A TÚA CANDIDATURA: Se estás interesado en participar como membro electo do consello, podes presentar a túa candidatura dende o día 7 ata o día 14 deste mes.
  • Para presentar a túa candidatura, recolle un impreso na secretaría do centro, e unha vez cumprimentado entrégao tamén na secretaría.

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS:

O vindeiro mércores 14 de febreiro e o xoves 15 de febreiro, terán lugar as Xornadas de Portas Abertas do IES O Mosteirón coa finalidade de que todas as persoas interesadas poidan coñecer as características e o funcionamento deste centro educativo. O Programa das Xornadas será o seguinte:

Mércores 14 de febreiro: 17:00h

Xoves 15 de febreiro: 11:00h


Programa das Xornadas

Dirixida a

Nais/pais /titores legais do alumnado

Contido

  • Presentación

  • Funcionamento do centro

  • Organización da ESO

  • Intervención de antigos alumnos/as que cursan os seus estudos de bacharelato en distintos centros (mércores 14)

  • Respostas as cuestións expostas polos asistentes.

Duración aproximada

45min

Visita polas instalacións do centro

  • Aula de usos múltiples

  • Biblioteca

  • Aula de Informática

  • Aula de Tecnoloxía

  • Aula de Educación Plástica e Audiovisual

  • Aula de Música

  • Laboratorio de Física e Química

  • Laboratorio de Bioloxía

  • Ximnasio

  • Cafetería e zona interior de xogos

  • Zonas exteriores

  • Comedor

Duración aproximada

30min

Estades todos convidados.

ESCOLARIZACIÓN 18-19

ENLACE Á APLICACIÓN ADMISIÓN ALUMNADO ALOXADA NA PÁXINA WEB DA CONSELLERÍA COA NORMATIVA, IMPRESOS (Anexo I: Reserva de praza, Anexo II: Admisión Alumnado), ETC, DO PROCESO DE ESCOLARIZACIÓN DO ALUMNADO PARA O VINDEIRO CURSO 2018-2019

                                                                            ENLACE A ADMISIÓN ALUMNADO

CALENDARIO ESCOLARIZACIÓN CURSO 2018-2019
Reserva de praza (centros adscritos)

Do 1 ao 15 de febreiro de 2018 no centro de orixe (IES O Mosteirón).

A reserva de praza para o alumnado de 4º de ESO que queira estudar Bacharelato no IES Isaac Díaz Pardo de Sada, pode realizarse de varias maneiras:

a) Entregando o ANEXO I proporcionado ao alumnado de 4º o día 01-02-18 na Secretaría do IES O Mosteirón.

b) A través da aplicación admisión alumnado aloxada na páxina da Consellería (Véxase enlace superior): b1) Mediante a cumprimentación online da reserva e posterior impresión do ANEXO I que deberá ser entregado na secretaría co centro educativo.  b2) Mediante a cumprimentación online da reserva e presentación na SEDE ELECTRÓNICA, só se dispoñen de certificado dixital.

ANEXO I

 

 

Publicación de vacantes

 Antes do 1 de marzo.

VACANTES OFERTADAS PARA O PROCESO DE ADMISIÓN:

1º ESO: 37 + 6 NEAE

2º ESO:19

3º ESO:2

4º ESO:2

 

Solicitude de admisión

Do 1 ao 20 de marzo de 2018 no centro solicitado como 1ª opción. O impreso de admisión (ANEXO II) pode descargarse no enlace superior "ENLACE ADMISIÓN ALUMNADO". Poden solicitar se o desexan unha copia no centro educativo. A cumprimentación do ANEXO II pode realizarse mediantes tres vías, explicadas anteriorermente no apartado "Reserva de Prazas".

ANEXO II

Publicación da lista provisional de admitidos

Antes do 25 de abril. (Publícase o 12-04-18)
Publicación da lista definitiva de admitidos Antes do 15 de maio.

Formalización matrícula ESO

Ordinaria: Do 1 ao 10 de xullo.

Extraordinaria: Do 5 ao 10 de setembro.

IMPORTANTE: Consultar a información sobre os prazos de matrícula, por se hai cambios, a finais de xuño e principios de setembro.

IMPORTANTE: O IES O MOSTEIRÓN NON ESTABLECE NINGÚN CRITERIO COMPLEMENTARIO AOS EXISTENTES NA ORDE DO 12 DE MARZO DE 2013 QUE REGULA O PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO. (APROBADO EN CONSELLO ESCOLAR O 02/04/2013)

EVENTOS:

01/02/18 Entrégase circular informativa sobre a reserva de praza no IES Isaac Díaz Pardo e ANEXO I ao alumnado de 4º ESO.

12/02/18 Anuncio do sorteo público anual das letras de prioridade para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado para o curso 18-19. Enlace con + información

21/02/18 Todas as solicitudes de reserva de praza para 1º de ESO procedentes do CEIP Plurilingue O Mosteirón foron admitidas.

01/03/18 Subidas as instrucións da Xefatura Territorial e da Dirección Xeral de centros en relación á admisión de alumnado 18-19. Véxanse os arquivos adxuntos.

12/04/18 Publicación da listaxe provisoria de admitidos. Véxanse os arquivos adxuntos.

04/05/18 Publicación da listaxe definitiva de alumnado admitido. Véxanse os arquivos adxuntos.

 

 

Distribuir contido