CONCURSO “NOVA PORTADA DA AXENDA ESCOLAR 2020-2021”
CONCURSO “NOVA PORTADA DA AXENDA ESCOLAR 2020-2021”
DO
IES O MOSTEIRÓN
BASES DO CONCURSO “NOVA PORTADA AXENDA ESCOLAR CURSO 2020 -2021”
1.- Poderá participar todo o alumnado matriculado no centro.
2- As orientacións para o deseño estarán subidas na aula virtual, na materia de
educación plástica e visual de cada curso.
3.- Os traballos deberán ser orixinais e inéditos.
4.•Incluirán necesariamente os textos “AXENDA ESCOLAR”, “IES O MOSTEIRÓN” e
“Curso 2020/2021”.
5. Deberá ter o seguinte tamaño DIN A5 (148 x 210 mm) ou si se prefire pode
presentarse en DIN A4 (297 x 210 mm).
6. O tema ou motivo do deseño é libre, pero valorarase positivamente os temas
relacionados co instituto, a localidade, instalacións, instrumentos de traballo ou
outros aspectos relacionados co ensino.
7. Empregaremos calquera técnica que poida posteriormente imprimirse,
8.-Todos os concursantes deberán entregar os traballos orixinais á profesora de
Plástica, Natalia Veira, para que conte como actividade da materia para os alumnos que a teñan este curso.
9.-A data límite para envío de traballos é: 10 DE XUÑO
10.- Haberá premio para as portadas que acaden un Primeiro e Segundo posto. Este
premio consistirá nun cheque regalo para mercar libros e material escolar nunha
librería de Sada.
11.- O xurado estará composto por parte do profesorado do centro e o fallo darase a
coñecer no mes de xuño.
12.- A participación no concurso implica a aceptación de todas e cada unha destas
bases.