Supresión de clases

12/03/2020 14:25
Africa/Addis Ababa

Suspensión das actividades lectivas dende o vindeiro luns 16 de marzo

Estimadas familias: Seguindo as indicacións da Xunta de Galicia, dende o luns 16 de marzo, o centro educativo permanecerá pechado durante 14 días. Mañán venres, aplázanse os exames que estivesen programados e é decisión das familias que os seus fillos e fillas asistan ou non ao centro. Na medida na que teñamos máis información, iremos trasladándoa a través da aplicación abalar móbil e da páxina web do centro. Un saúdo. EQUIPO DIRECTIVO.