Eventos
NO DÍA DE HOXE REALIZOUSE, CO ALUMNADO DE 4º DE ESO, UN OBRADOIRO PARA DAR A COÑECER A FP, A CARGO DE PROFESORADO DO CIFP FRAGA DO EUME, ONDE TAMÉN FIXERON UNHA EXHIBICIÓN, A CARGO DO GAÑADOR DO CONCURSO DE FP SKILL DO ANO PASADO.
O día 7 de maio realizouse o sorteo do almorzo para dúas persoas no Granero en Sada, sendo a afortunada gañadora Saray de 4º B de ESO.
Noraboa polo premio.
O 16 de maio realizouse a entrega dos premios do concurso das Letras Galegas. Os relatos premiados foron os dos seguintes alumnos: Sofía e Carla de 2º A e Gabriel de 4º B.
Noraboa polo premio.
Prazo de presentación de solicitudes: Do 21 de maio de 2024 ao 21 de xuño de 2024 (incluído)
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (Anexo I e II), dispoñible na aplicación informática "fondo libros" (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
Opcionalmente, poderán presentarse as solicitudes presencialmente no centro docente (de 9:30 a 14:00 h) ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Aquí pode consultar a Orde que regula o procedemento.
Así celebramos a semana das Letras Galegas no IES O Mosteirón: unha exposición sobre Luisa Villalta, actividades co alumnado e moitas cousas máis grazas ao traballo promovido desde o Equipo de Dinamización Lingüística e a Biblioteca A Esperela.