Eventos
A segunda semana de abril o alumnado de 4º de ESO realizou a excursión de fin de curso á cidade portuguesa de O Porto, participando en moitas e divertidas actividades.
A 3ª semana de abril o alumnado de 3º de ESO realizou unha viaxe a Madrid onde participaron dunha nutrida e variada oferta de actividades coma visitar o Escorial, Museo de CC Naturais, Museo do Prado, Musical Mama Mia, Parque Warner.... Unha pasada, vamos !!!!
Publicadas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas.
Poderán consultarse na aplicación admisionalumnado (empregando a Chave 365 ou certificado dixital da FNMT) ou no taboleiro de anuncios do propio centro.
Aquí pode consultar o menú do mes de maio de 2024
NO DÍA DE HOXE REALIZOUSE, CO ALUMNADO DE 4º DE ESO, UN OBRADOIRO PARA DAR A COÑECER A FP, A CARGO DE PROFESORADO DO CIFP FRAGA DO EUME, ONDE TAMÉN FIXERON UNHA EXHIBICIÓN, A CARGO DO GAÑADOR DO CONCURSO DE FP SKILL DO ANO PASADO.