Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Week of Xaneiro 15, 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
15
Start: 15/01/2024 16:43

Na semana do 26 de novembro ao 2 de decembro, 22 alumnos/as de 4º ESO, acompañados da profesora da Sección Bilingüe de Física e Química, desfrutaron dunha inmersión lingüística en Inglés e afondaron en coñecementos relacionados coa creación de páxinas web, deseño 3D e robótica. Foi unha experiencia que lles fixo a tod@s saír da zona de confort pero da que troixeron vivencias inolvidables!!!

Start: 15/01/2024 17:03

O 9 de xaneiro o alumando de 3º ESO visitou as Institucións do Parlamento de Galicia no Pazo do Hórreo e a Sede da Xunta de Galicia en San Caetano. 

Start: 15/01/2024 20:17

Para celebrar o remate do primeiro trimestre e despois do esforzo feito por todo o alumnado... o 21 de decembro fomos desfrutar da patinaxe sobre xeo na pista instalada na praza de María Pita. 

Start: 15/01/2024 21:19

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o día 15 de xaneiro de 2024 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual ou a través da aplicación  admisionalumnado no menú:


Solicitudes – Reserva – Crear


IMPORTANTE: Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, e sendo ésta a canle preferible de presentación.

  • O prazo de solicitudes abranguerá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro do 2024, ambos incluídos.
  • A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 22 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

Normativa de aplicación

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
  • Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa e derroga o artigo 44 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

Pódese descargar a solicitude no arquivo adxunto (en galego e en castelá).

16
17
18
Start: 18/01/2024 12:11

¿QUERES COÑECER O NOSO CENTRO? 

Desde o 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro está aberto o prazo de solicitudes de admisión para centros adscritos. 

Vén a visitarnos!!!

XORNADA DE PORTAS ABERTAS: Xoves 25 de xaneiro ás 18:30 h. 

19
20
21
Distribuir contido