Eventos
Aberto o prazo para solicitar Becas para Alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo, convocadas polo Ministerio de Educación e Formación Profesional.
Prazo de presentación de solicitudes: desde o 8 de maio ata o 20 de setembro de 2023.
As persoas interesadas deben presentar a solicitude na secretraría do centro. Máis información no seguinte enlace: BECAS NEAE
TODAS AS SOLICITUDES FORON ADMITIDAS.
Publicadas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas. Poderán consultarse na aplicación admisionalumnado (empregando a Chave 365 ou certificado dixital da FNMT) ou no taboleiro de anuncios do propio centro.
Prazo de presentación de solicitudes: Do 20 de maio de 2023 ao 21 de xuño de 2023 (incluído)
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (Anexo I e II), dispoñible na aplicación informática "fondo libros" (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
Opcionalmente, poderán presentarse as solicitudes presencialmente no centro docente ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Aquí pode consultar a Orde que regula o procedemento.
Aquí podes consultar o menú do comedor do mes de xuño.