Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Xoves Septembro 29, 2022
Start: 29/09/2022 19:20

Poñemos á disposición da Comunidade Educativa o Plan Dixital do IES O Mosteirón. 

Martes Outubro 11, 2022
Start: 11/10/2022 23:49

Hoxe celebramos no noso centro o Día Internacional da saída do armario. Con motivo dun día tan importante, expóñense na biblioteca uns libros de temática inclusiva LGBT+ para animar ao alumnado a saber un pouco máis sobre este tema.

 

Luns Outubro 17, 2022
Start: 17/10/2022 10:29

Bo día,
Aquelas familias que lles concederon a axuda de 50€ dos vales de material, teñen dereito a recoller no centro a partir de hoxe a ampliación de 25€ de axuda de material.
Poden recoller estes vales en Administración.
Un saúdo,
O Director.

Martes Outubro 18, 2022
Start: 18/10/2022 15:37

De conformidade co establecido na RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos. (DOG do 30/09), realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Centro.
A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:
O Director do Centro, un profesor ou profesora, un pai ou nai ou titor legal, un alumno ou alumna, un representante do persoal de administración e servizos.
Os catro últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril.
Dito sorteo, que será público, celebrarase neste centro o venres 28 de outubro ás 12:10h.
O Director.

Luns Outubro 24, 2022
Start: 24/10/2022 21:00

Boa tarde,

Adxunto o calendario das eleccións do Consello Escolar 2022.

Saúdos,

O Director.

Martes Outubro 25, 2022
Start: 25/10/2022 18:34

Distribuir contido