Eventos
Lembrade que durante o peche das instalacións durante o mes de agosto seguimos atendendo á Comunidade Educativa por email ao ies.mosteiron@edu.xunta.gal e por teléfono 881880949.
O protocolo Covid 19 en vigor dende o 20 de maio do 2022 (arquivo adxunto).
Lémbrase que o uso da máscara é obrigatoria no servizo de transporte escolar.
Para os usuarios do comedor infórmase que neste curso académico 2022/23 os alumnos seguirán a ocupar postos fixos e os agrupamentos serán dun máximo de 3 usuarios por mesa na ESO (ANEXO I do citado protocolo Covid, Escenario 5 de comedores escolares) e en agrupamentos de Grupos de Convivencia Estable no CEIP (Escenario 1 do citado ANEXO I).
De producirse máis novidades ao respecto publicarase na web e comunicarase á Comunidade Educativa polos medios que corresponden.