Eventos
Alumnado de 4º de ESO participou no programa Incrústate relacionado coa introdución á investigación en Química e Bioloxía, organizado polo Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA) ligado á Universidade da Coruña (UDC).
Os participantes realizaron estancias curtas de investigación de 10 horas nos laboratorios do CICA e, ademais realizaron un poster e unha presentación oral da súa experiencia.
https://cica.udc.es/es/proyecto.incrustate
BENVIDOS!!!!
COMEZO DE CURSO
O curso comezará o luns 16 de setembro de 2019.
O horario será o da xornada habitual: as 08:30 comezarán as clases, os alumnos que usen o transporte escolar deben estar en la parada 30 minutos antes, o remate da xornada será as 17:00.
O servizo de comedor comeza tamén o luns 16, en horario de 14:10 a 14:45.
Horario de saída do transporte:
- Luns as 17:00
- Martes a venres as 14:45.
O horario lectivo do centro:
- luns, de 8:30 a 14:10 e de 15:20 a 17:00.
- Martes a venres, de 8:30 a 14:10.
Consulta a circular de inicio de curso que atoparás o pe desta nova.
O Departamento escolle as lecturas obrigatorias para o curso 2021/2022 coa seguinte distribución:
1º ESO
1º e 2º trimestre: o alumnado escolle a súa lectura dunha listaxe proposta pola profesora.
No terceiro trimestre pode cambiar o criterio en función da evolución do grupo.
2º ESO
1º trimestre: De todo corazón. 111 poemas de amor. Selección de José María Plaza.
2º trimestre: Escollen entre Las lágrimas de Shiva, de C. Mallorquí ou Caperucita en Manhattan, de Carmen Martín Gaite.
3º trimestre: Wonder.La lección de August, de R.J.Palacio.
3º ESO
1º trimestre: Escollen entre Rebeldes, de Susan Hinton ou La Ciudad de las Bestias, de Isabel Allende.
2º trimestre: Escollen entre Romeo y Julieta, de William Shakespeare ou Fuente Ovejuna, de Félix Lope de Vega(ambas en ed. Anaya, clásicos a medida).
3º trimestre: Escollen entre Veinte poemas de amor y una canción desesperada, de Pablo Neruda ou Rimas, de Gustavo A. Bécquer.
4º ESO
1º trimestre: Escollen entre La voz dormida, de Dulce Chacón ou El otro barrio, de Elvira Lindo.
2º trimestre: Escollen entre Rebelión en la granja, de George Orwell ou Primer amor, de Iván Turgueniev.
3º trimestre: Antología poética de la generación del 27, varios autores. Editorial Clásicos de Santillana. Loqueleo.
Xornada de benvida para familias do alumnado escolarizado neste centro educativo no curso 2019/20.
Terá lugar o luns 23 de setembro as 17:30 horas na Planta Baixa do edificio do Instituto.
Agardamos a vosa asistencia.