Opcións de matriculación
Este curso está orientado para aqueles alumnos ou alumnas coa materia de Bioloxía e Xeoloxía de 1ºESO non superada e que xa non figuran en dito curso.
Seguirase un Plan de Reforzo que consistirá nos seguintes puntos. A materia será repartida en dúas partes. En cada unha delas, deberán entregar os boletíns de exercicios e realizar unha proba escrita.
A primeira parte rematará en xaneiro e a segunda en maio.
Marcaranse unhas reunións mensuais co alumnado para valorar o seu progreso, así como para entregar os boletíns de actividades esixidos. É importante cumprir cos prazos de entrega para que poidan corrixirse debidamente as actividades, pois serán unha guía do tipo de cuestións que se incluirán na proba escrita.
A primeira proba escrita realizarase despois da 1ª avaliación e a segunda, tras a 2º avaliación.
A nota, tanto da 1ª parte da materia como da 2ª, calcularase do seguinte xeito: un 40% os boletíns e un 60% as probas escritas. Ambas notas serán tidas en conta para o cálculo da nota final da materia pendente. Para elo, realizarase a media aritmética.
No caso de non superar a primeira parte, o alumno/a deberá presentarse con toda a materia na segunda proba escrita de maio.
- Teacher: Celtia González Vázquez