COLABORACIÓN DO CONCELLO DE SADA E O IES MOSTEIRÓN
O Concello de Sada colabora co IES O Mosteirón para a realización de Actividades Complementarias e Escolares durante o ano 2024.
CALENDARIO ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2024/25
A Xunta Electoral deste centro educativo publica o Calendario Electoral para a renovación de membros do Consello Escolar no 2024/25.
Aquí pode consultar o Calendario Electoral do CE
DÍAS NON LECTIVOS CURSO 2024/25.
Os días non lectivos elexidos polo centro e aprobados por inspección educativa para este curso escolar son o 10 de febreiro de 2025 e o 2 de maio de 2025.
Día de acollida de familias e titores/as.
Os pais/nais/titores legais do alumnado están convocados a unha reunión o vindeiro luns día 23 de setembro onde coñecerán ao titor/a do curso correspondente e serán recibidos, previamente, por membros do equipo directivo do centro.
1º e 2 ESO: luns día 23 de setembro ás 18:00h.
3º e 4º ESO: luns día 23 de setembro ás 18:30 h.
Agardamos a súa presenza!!!
INICIO DE CURSO 2024/25.
As clases comezan o mércores día 11 de setembro en horario normal.
Haberá servizo de transporte como de costume e servizo de comedor.
O alumnado traerá unha libreta e un bolígrafo.
Nesta primeira xornada o alumnado recibirá a axenda escolar do IES O Mosteirón.
Entrega de Libros de texto e Vales de material para o curso 24-25.
Entrega de Libros e de Vales de material no horario que se indica a continuación:
1º ESO mércores 4 de setembro |
17:00-18:30 h |
2º ESO mércores 4 de setembro |
18:30-20:00 h |
3º ESO xoves 5 de setembro |
17:00-18:30 h |
4º ESO xoves 5 de setembro |
18:30-20:00 h |
Nota: - A recollida de libros de texto e de Vales de Material debe facela a/o representante legal que presentou a solicitude dos mesmos, ou unha persoa maior de idade presentando unha autorización firmada.
PUBLICACIÓN LISTAXE DEFINITIVA FONDO LIBROS CURSO 2024/25
Publicouse no taboleiro de anuncios do centro o listado definitivo de persoas beneficiarias de libros de texto do fondo libros e o listado definitivo de persoas excluídas.
As persoas solicitantes tamén poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, empleando a Chave365 ou o certificado dixital.
Tanto os Libros como os Vales para material serán entregados en setembro e avisarase para a súa recollida.
PUBLICACIÓN LISTAXE PROVISIONAL FONDO LIBROS CURSO 2024/25
A día de hoxe (mércores 10 de xullo) publicouse no taboleiro de anuncios do centro o listado provisional de persoas beneficiarias de libros de texto do fondo libros e o listado provisional de persoas excluídas.
As persoas solicitantes tamén poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, empleando a Chave365 ou o certificado dixital.
Lémbrase que as persoas interesadas poderán reclamar nos dous (2) días hábiles seguintes á publicación deste listado provisional (neste caso o xoves día 11 e o venres día 12 de xullo).
LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2024/25.
LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2024/2025.
Nos ficheiros relacionados a continuación poden consultar os libros de texto que se empregarán en cada materia no vindeiro curso.
Importante!!! Non mercar axenda escolar xa que o alumnado recibirá unha ao comezo do curso.
Calendario fin de curso 23-24
25/06 Martes |
|
26/06 Mércores |
|
27/06 Xoves |
|
28/06 |
|