bioloxía molecular e célula


Explorar o glosario usando este índice

Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS

A

autosomas

son os cromosomas somáticos, aqueles 22 pares que gardan a información de todos os caracteres agás o sexo


C

cromátidas

 son dúas copias do mesmo ADN, son o resultado da duplicación do ADN e polo tanto levan a mesma información sobre os mesmos caracteres. Cada unha das metades do cromosoma


cromosomas homólogos

par de cromosomas co mesmo aspecto, que levan información sobre os mesmos caracteres pero non teñen porque gardar a mesma información.


cromosomas sexuais

son os cromosomas X ou Y que levan a información que determina o sexo de xeito xenético


D

diploide

Individuo que posúe dúas copias do seu material xenético. Ten cromosomas homólogos


E

entrecruzamento

intercambio de material xenético entre cromosomas homólogos na meiose


H

haploide

Individuo que posúe unha única colección de cromosomas (somentes leva unha copia de cada cromosoma)


M

meiose

mecanismo de división celular  no que se obteñen catro células fillas semellantes haploides


mitose

proceso de división celular no que se obteñen dúas células diploides idénticas