Cambio Climático? Si, pero non porque o diga eu!
O xoves 8 de febreiro o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía organizou unha charla sobre a realidade climática actual para o alumnado de Bioloxía de 4º da ESO e 1ºBacharelato. Armand Hernández Hérnández, investigador da UDC en Paleoclimatoloxía e Cambio Global, estivo, durante dúas sesións, charlando co alumnado e explicándolle como a ciencia demostra que o cambio climático é unha realidade. Para isto fixo unha análise detallada de multitude de datos recollidos polo momento, incluíndo na explicación causas, futuros impactos e metodoloxías científicas que se empregan no mundo científico para realizar este tipo de estudos.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
CharlaCambioClimático (1).jpeg | 149.33 KB |
CharlaCambioClimático (2).jpeg | 225.36 KB |