Calendario fin de curso

As clases rematan o martes 22 de xuño no seu horario habitual.

ENTREGA DE CUALIFICACIÓNS

As calificacións serán enviadas por abalar o día 23 de xuño.

A entrega de boletíns realizarase seguindo o seguinte horario:

  • 2º bacharelato - 23 de xuño ás 12:00 h. na aula de referencia.
  • Resto dos niveis - 24 de xuño ás 10:00 h. na aula de referencia.

Importante: Non haberá servizo de transporte.

O alumnado debe estar pendente os días previos ao remate das clases das instrucións que dea o profesorado titor e outros profesores e profesoras sobre a devolución de libros de texto e outros materiais, xa que algúns libros son do fondo, outros dos departamentos e outros da ANPA.

CALENDARIO DE MATRÍCULA

O día de recollida de notas entregarase ao alumnado que titule ou promocione (aprobe todas as materias) en xuño o sobre de matrícula e matricularase por niveis nas datas que figuran a continuación, para evitar aglomeracións no centro:

1 de xullo 1º ESO
2 de xullo 2º ESO
5 de xullo 3º ESO
6 de xullo 4º ESO
7 de xullo 1º BACHARELATO
8 de xullo 2º BACHARELATO

No caso de ter algún impedimento para acudir os días asignados, contacten co centro para ver cando poden facelo