O pintor do sombreiro de malvas

Dende o departamento de Artes Plásticas recomendamos "O pintor do sombreiro de malvas" de Marcos Caldeiro, un intelixente forma de coñecer a figura de Van Gohg a través dun adolescente que é enviado pola súa nai dende París a pasar cunha tía unha boa tempada na vila de Auvers.

O pintor do sombreiro de malvas

Durante aqueles días do verán de 1890, coñecerá a Vincent, un pintor que semella beberse a vida con cada violenta pincelada sobre o lenzo e do que durante sesenta e nove días se fará inseparable, acompañándoo no seu deambular polos trigais e na súa infatigable loita contra os convencionalismos da vida provinciana. Mais o mozo tamén descubriá o amor, coñecerá algúns misterios sobre o seu pasado e se enfrontará por vez primeira á morte, o que o obrigará a tomar unha decisión sobre o futuro que lle agarda.
Unha interesante elección que mestura arte e literatura.