Día das Letras Galegas 2011

A tarde do pasado luns día 30 de maio celebrouse o Día das Letras Galegas no centro. Todo o alumnado puido asistir e disfrutar da representación teatral "O achado do castro" do autor Manuel Núñez Singala, a cargo do grupo de teatro de Antas de Ulla. O argumento da obra é o seguinte: Manolitus e Carmiñae son dous rapaces namorados, pero o Emperador, pai de Carmiñae, non consinte tal relación, e tampouco Arpexia, nai de Manolitus, que é a comerciante máis rica do Imperio. Por si fora pouco catro ladroas tentan roubar, sen demasiado éxito, a coroa do Emperador. A todos estes personaxes temos que sumar dúas escravas, unha sabia que non o é tanto, e tres soldados romanos con moi poucas luces. Todo isto da lugar a esta divertida comedia romana.

  • Dirección: Jouse García
  • Son: Natalia Santiso
  • Escenarios:María Bouzas
  • Vestuario: Membros do Grupo de Teatro
  • Coordinadora: Teresa Batán
  • Actores: Alba Expósito (Ladroa), Ana Vázquez (Ladroa), Eugenia Nogueira (Ladroa), Laura Aramburu (Ladroa), Paula Fernández (Soldado), Cristóbal Doval (Manolitus), Andrea Santiso (Carmiñae), Álex Crespo (Emperador), Iria Méndez (Arpexia), Laura García (Escrava), Javi Valiño (Narrador),  Alba Vázquez (Escrava), Vanessa Coucheiro (Narradora), Lúa Catuxa Aguete (Sabia Citrón)

Letras Galegas 2011

Letras Galegas 2011

Letras Galegas 2011

Tras a representación teatral, tivo lugar no salón de actos do IES, unha actuación musical a cargo dos alumnos de Música de 3º e 4º ESO e de 1º BAC. As tradicionais pezas musicais foron coordinadas polas profesoras Elena  Lorenzo  e Carmen Sarmiento, profesoras de Música do centro.