Entroido 2011 !

Entroido

O pasado venres día 4 de marzo celebrouse no IES Monterroso o Entroido 2011.

Disfrutamos coas impresionantes acrobacias que formaban parte dunha coidada coreografía no Ximnasio a cargo do alumnado de 1º BAC  dirixido polo profesor de Educación Física, Xosé Manuel Couso. Noraboa, un gran traballo.

Entroido 2011
Tras as acrobacias, o festival seguíu no Salón de Actos. As presentadoras, Ana Guerra, Melanie Carreira e Ainara Sampayo, de 3º ESO foron dando paso ás variadas comparsas deste ano. Houbo moita participación, desde parodias de programas televisivos a cancións e gags sobre a  vida cotiá no centro.

Entroido 2011

Entroido 2011

O xurado, composto por catro profes (Eva e Mar Villar de Inglés, Cristina de Plástica e Isabel de Sociais) e catro alumnos e alumnas ( Marina García de 3º ESO e  María Rico, Noé Castro e  Martín Mejuto de 4º ESO), despois dunha longa deliberación, fallou a favor da comparsa de 2º BAC. A actuación consistíu nunha animada canción ó ritmo do Waka Waka  de Shakira cuxa amosaba con moi bo humor os cambios deste curso no centro. O premio para a comparsa é un xantar nunha coñecida pizzería do Concello de Monterroso. Noraboa a 2º BAC!

Entroido 2011

Ó rematar o Festival de Entroido entregáronse os premios do "Concurso de Máscaras Gregas" organizado polo Departamento de Linguas Clásicas e co sempre bo facer da profe Margarita.  Os gañadores foron Elena Fresno, Raquel Almuiña, Eugenia Nogueira e  Brais Vázquez. Noraboa a todos.

Entroido 2011

O Departamento de Dinamización Lingüística lembra, no corcho situado no 2º andar do centro, as diferentes formas de celebración do Entroido en Galicia.

Entroido 2011 Entroido 2011

Entroido 2011

Os peliqueiros de Laza, as pantallas de Xinzo ou  os cigarróns de Verín son bos exemplos destas ancestrais costumes que chegaron case intactas ata a actualidade.